Cunha edición fascículo, a Fundación Plácido Castro conmemora o 50 aniversario da publicación da tradución ao galego de As Rubáyiat de Omar Kayyam, obra de Plácido Castro recollida no número 8 (1965) da revista Grial.
O próximo 3 de decembro, o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acollerá unha mesa redonda sobre este asunto na que participarán Alberte Álvarez Lugrís, Xosé María Gómez Clemente e Xulio Ríos.