
Cada 25 de xaneiro e coincidindo co natalicio de Plácido Castro, a Fundación Plácido Castro celebra as Conferencias Anuais que serven para recordar e afondar nalgún aspecto da personalidade do autor, da súa obra ou do seu pensamento da man de recoñecidos especialistas.
A Conferencia deste 2017 leva por título “Plácido Castro e a Autonomía galega”, e estará impartida polo historiador Justo Beramendi.
A cita é mañá mércores 25 de xaneiro, ás 20 horas na Casa da Cultura do Concello de Fene. Quedades convidadas e convidados.