Plácido Castro e Johán Carballeira, protagonistas da XVII Conferencia Anual

Plácido Castro e Johán Carballeira, protagonistas da XVII Conferencia Anual

CONFRENCIA ANUAL PLÁCIDO CASTRO

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu o pasado venres a XVII Conferencia Anual Plácido Castro. Baixo o tema “Plácido Castro, Johán Carballeira e algúns debates do seu tempo”, os asistentes reflexionaron acerca da gran historia e personaxes cos que conta Galicia e que son tan descoñecidos, como é o caso de Plácido Castro.

No acto estiveron presentes o historiador Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, o presidente da Fundación Plácido Castro, Xulio Ríos, e o concelleiro de Cultura do concello de Bueu, Carlos Eirea. Xuntos relatáronlle aos presentes a relación entre Plácido e Johán, pois os dous foron figuras relevantes no mundo do galeguismo e pertenceron ás Irmandades da Fala, grupo que máis tarde evolucionaría no Partido Galeguista.

Arquivos anexos a descargar: