A Fundación Plácido Castro organiza este venres a XVII Conferencia Anual Plácido Castro. O acto estará impartido polo historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e versará sobre “Plácido Castro, Johán Carballeira e temas do seu tempo”.
Johán Carballeira
José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, foi un poeta, xornalista e político galego en tempos da II República. Foi detido e asasinado polos franquistas durante a Guerra Civil.
Uxío-Breogán Diéguez
Pola súa parte, Diéguez Cequiel é historiador e profesor universitario. É ademais autor de diversos relatorios e artigos en revistas especializadas, así coma de libros, caso de “A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto”, “Fundación Alexandre Bóveda”, 2002; “Álvaro de las Casas. Biografía e Epistolario”, Galaxia, 2003; ou “Nacionalismo galego aquén e alén mar” (1936-1975), Laiovento 2015, entre outras.
O encontro será ás 20 horas no Centro Social do Mar do Concello de Bueu (Pontevedra).