Nova edición do Premio Plácido Castro de tradución

Nova edición do Premio Plácido Castro de tradución

Hoxe publicamos as bases da XXIV edición do Premio de tradución Plácido Castro. Poderán concorrer ao galardón obras traducidas ao galego publicadas no pasado ano 2025.

O prestixioso premio de tradución cumpre un cuarto de século co obxectivo de promover a tradución ao galego de obras literarias en outros idiomas. Tamén queremos recordar a figura de Plácido Castro, humanista, liberal, cosmopolita, que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade. 

Este ano presenta algunhas novidades que agardamos sexan ben recibidas tanto polos tradutores e tradutoras, como polas propias editoriais que de xeito xeneroso veñen colaborando co premio durante tantos e tantos anos.

Unha delas vai ser o establecemento dunha selección previa da que sairán 5 finalistas. Tamén ofrecemos a posibilidade de presentar unha pequena mostra representativa da obra e non a obra completa para evitar gastos excesivos das editoras.

As bases completas pódense consultar na propia web da Fundación.

Enlace

Agardamos a vosa participación e apoio como de costume facedes.