
O pasado 23 de xaneiro tivo lugar a presentación do catálogo da obra pictórica de Placido Castro no Museo do Mar de Galicia, onde tamén se poderá admirar unha exposición, principalmente das acuarelas, ata o próximo 17 de marzo.
O catálogo titulado “PLÁCIDO R. CASTRO, UNHA GALICIA SOÑADA” e a exposición foron promovidos polo Museo do Mar de Galicia coa colaboración da Fundación Plácido Castro e a Xunta de Galicia.
A publicación de 200 páxinas conta con textos de Xulio Ríos, sobre a figura de Plácido Castro, e Carlos L. Bernárdez, sobre a obra plástica, así como ilustracións de gran calidade da obra pictórica de Plácido que até agora permaneceu inédita. As acuarelas ilustran as paisaxes da súa vida, dende o seu Corcubión natal, pasando por Muxía e a Costa da Morte, Vigo e Cambados, e os seus debuxos amosan unha especial sensibilidade pola nosa cultura mariñeira, o que lles engade un singular valor etnográfico.
A presentación nos medios:
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2025/01/24/museo-do-mar-reforza-mostra-placido-castro-obra-inedita/0003_202501V24C69910.htm
- https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2025/01/24/museo-mar-descubre-obras-pictoricas-113660033.html
- https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/galiza-sonada-polas-acuarelas-debuxos-placido-castro-ve-luz/20250123212547215171.html
- https://www.diarioluso-galaico.com/articulo/cultura/presenta-catalogo-exposicion-placido-castro-galicia-sonada-mostrando-faceta-pictorica-intelectual-galleguista/20250123202219051438.html
- https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/009148/xunta-recopila-obra-pictorica-menos-conocida-del-intelectual-placido-castro-catalogo