24ª Conferencia Anual: “A Irlanda de Plácido R. Castro: da claridade modélica á ambivalencia retórica”, por Xavier R. Madriñán

24ª Conferencia Anual: "A Irlanda de Plácido R. Castro: da claridade modélica á ambivalencia retórica", por Xavier R. Madriñán

24ª Conferencia Anual: “A Irlanda de Plácido R. Castro: da claridade modélica á ambivalencia retórica”, por Xavier R. Madriñán

Pronunciada por Xavier R. Madriñán en Oleiros, 25 de xaneiro de 2023


Introdución: a miña disertación ocúpase da relación de Plácido Castro con Irlanda a través das colaboracións que escribiu para o xornal El Pueblo Gallego entre 1927 e 1936. O propósito é amosar a expresión das dúas facianas da súa presenza pública no período de entreguerras, a de xornalista e a de político militante, considerando principalmente os trece artigos sobre a súa viaxe a Irlanda en 1928 e os relativos ao xiro táctico do galeguismo de 1933, onde asoman en diferentes equilibrios a mirada periodística e a determinación partidista. A partir destes escritos achégase unha análise da natureza mudable e funcional da representación galega de Irlanda e da correspondente proposta modélica para Galicia.