25ª Conferencia Anual: “Plácido Castro e a tradición do liberalismo político no galeguismo: un horizonte de futuro”, por Antón Baamonde

Plácido Castro e a tradición do liberalismo político no galeguismo: un horizonte de futuro por Antón Baamonde

25ª Conferencia Anual: “Plácido Castro e a tradición do liberalismo político no galeguismo: un horizonte de futuro”, por Antón Baamonde

Pronunciada por Antón Baamonde en Catoira, 25 de xaneiro de 2024


Moitas grazas en primeiro lugar á Fundación Plácido Castro, a Susi Castro e a Xulio Ríos, a quen
coñezo de hai case cincuenta anos –dá vergoña dicilo- cando os dous eramos de ERGA -creo
que aínda non morrera o ditador- e intentabamos organizar unha campaña de boicot á selectividade.

Tempos aqueles!

Grazas, tamén ao Concello de Catoira e a vós por estardes esta tarde comigo para lembrar a
figura de Plácido Castro e intentar divisar un anaco de futuro a través do prisma dun aspecto do
seu pensamento: a simpatía polo liberalismo político.

Non sabía que esta XXV conferencia era tamén a última. Iso dáme un non-sei-que de responsabilidade…

Galeguismo, liberalismo, federalismo nun estado plurinacional.
Un reino perdido. Un fío vermello a recuperar.