María Alonso Seisdedos recolleu en Vilagarcía o Premio Plácido Castro de Tradución

O salón nobre do Concello de Vilagarcía acolleu hoxe a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición que recaeu en María Alonso Seisdedos, unha prolífica autora que con 44 traducións literarias dende 1980 ata a actualidade, traducindo do inglés, alemán, castelán e catalán, xa obtivera o Premio Nacional á mellor tradución […]

Entrega do Premio Plácido Castro de Tradución: A premiada na XXª edición é María Alonso Seisdedos

Coincidindo co Día Internacional da Tradución, este venres 30 de setembro celebrarase en Vilagarcía de Arousa a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución que na súa XXª edición recaeu en María Alonso Seisdedos pola súa tradución de Canto jo i la muntanya balla/Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. O xurado salientou […]

“Para min, en calquera tradución, o reto está sempre en meterme no papel”, asegura María Alonso Seisdedos, gañadora da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

Nesta entrevista, María Alonso Seisdedos, gañadora da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, desvela aspectos de moito interese da súa relación coa obra premiada e, en xeral, da súa tradución e tamén achega a súa particular visión do estado da tradución en Galicia. Que te levou a traducir a obra de Irene Solà? […]

María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición

A obra premiada é unha tradución do catalán: Canto jo i la muntanya balla/Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá Reuniuse o 2 de setembro en Cambados o xurado da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, integrado por D.ª Olga López López (Xunta de Galicia), Dª. Beatriz Fariñas (Asociación Galega de […]

Publicadas as colaboracións de Plácido Castro no Galician Programme da BBC

Recollemos aquí o total de 16 colaboracións de Plácido Castro para os programas en lingua galega da BBC (British Broadcasting Corporation) . Aínda que tamén colaborou cos programas en castelán, portugués e en inglés, este feixe de textos é especialmente representativo do seu labor como redactor e locutor na emisora londiniense. Para Plácido Castro, aquela […]

O Plácido Castro docente, por Xulio Ríos

Regresou de novo Plácido Castro ás aulas de ensino cunha homenaxe longamente debida en Vilagarcía de Arousa. Polígrafo a tempo enteiro, a súa foi unha vocación docente tardía pero tamén por iso a desfrutaría de forma máis consciente e madura. Foi tralo segundo regreso do Reino Unido, nos anos cincuenta, cando a ensinanza se manifestou […]

Placa en lembranza de Plácido Castro no CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa

Tivo lugar esta mañá en Vilagarcía, no CEIP A Lomba, o acto de homenaxe e lembranza de Plácido Castro. A directora do IES Castro Alobre, Mariola Rodríguez, presentou a cerimonia recordando as actividades que nas últimas semanas se desenvolveron no seu centro para dar a coñecer a figura de Plácido Castro. Seguidamente, Susi Castro, presidenta […]

As colaboracións de Plácido Castro nas emisións en lingua galega da BBC

Este 14 de abril cúmprense 75 anos das emisións en lingua galega da BBC, nas que colaborou Plácido Castro durante varios anos. Con tal motivo, a Fundación ten compilado todas as súas colaboracións nun libro que verá a luz proximamente. Entretanto, reproducimos aquí a “Presentación” desa obra e tamén en formato Word as colaboracións suscritas […]

Plácido Castro recordado no IES Castro Alobre

O IES Castro Alobre acolle desde o luns 4 de Abril unha exposición biográfica sobre a figura de Plácido Castro (1902-1967). A actividade é o inicio dun itinerario que rematará o 21 de abril coa instalación dunha placa que recordará ao Plácido docente de inglés no Instituto Laboral de Vilagarcía entre 1956 e 1967. O […]

XXIII Conferencia Anual Plácido Castro: As emisións en galego da BBC e Plácido Castro, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

No PDF adxunto, velaí o texto relativo á XXIII Conferencia Anual Plácido Castro que tivo lugar o 25 de Xaneiro de 2022 na vila ourensá de Allariz. Con limiar da Alcaldesa Cristina Cid Fernández, o autor realiza un moi detallado e documentado estudo arredor destas emisións, das que en 2022, o 14 de abril, cumpriranse […]