Corcubión acollerá a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVIIIª edición

O Concello de Corcubión acollerá este venres 27 de Setembro ás 20,00 h na Capela do Pilar, o acto de entrega do premio Plácido Castro de Tradución, que chega á súa 18ª edición. Nesta ocasión, o galardón recae na tradutora Antía Veres Gesto pola obra A Lost lady/Unha muller perdida, de Willa Cather. O xurado […]

Antía Veres Gesto, gañadora da XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

O xurado da XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución resolveu premiar a Antía Veres Gesto pola tradución da novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, de Willa Cather. O xurado valorou especialmente “a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha […]

A Fundación Plácido Castro asinou un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo

O convenio asinado entre a Fundación Plácido Castro e a Universidade de Vigo permitirá aos estudantes da Facultade de Tradución e Interpretación realizar prácticas curriculares centradas na investigación da dimensión tradutora do intelectual de Corcubión. Serán prácticas de tres meses de duración na súa sede sita na rúa Nova 4 de Cambados. A Fundación tamén […]

A Irlanda de Plácido Castro

“Un galego séntese aquí máis perto da súa Terra ca en moitas rexións que só distan de Galicia uns centros de quilómetros”. Así o cría Plácido Castro, quen con só 26 anos pisaba aquelas terras irlandesas na compaña do doutor Flower, a máxima eminencia en cuestións célticas do British Museum, achegándose con el até as […]

Seminario sobre “A Irlanda de Plácido Castro”

Obxectivos da actividade Divulgar o relato literario e fotográfico da viaxe de Plácido Castro á Irlanda de 1928 e, en especial, ás illas Blasket. Significar e promover a proximidade entre Galicia e Irlanda. Data: Martes 25 de Xuño de 2019 Lugar: Sala de Exposicións Antón Rivas Briones, Vilagarcía de Arousa Coordina: Xulio Ríos Programa 16.00 […]

A AGPTI súmase á Fundación Plácido Castro

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación ven de sumarse á Fundación Plácido Castro, pasando a integrar o seu Padroado. Esta asociación reúne as/os profesionais da tradución e da interpretación que traballan en Galicia. A súa presidenta é Iria Taibo Corsanego. No Padroado da Fundación tamén participa a Asociación de Tradutores Galegos, […]

Irlanda na retina de Plácido Castro

Este mes de xuño, Irlanda será a gran protagonista das actividades principais da Fundación Plácido Castro. O 21 de xuño inauguraremos na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa, a exposición “A Irlanda de Plácido Castro”, que reproduce 45 instantáneas realizadas polo intelectual de Corcubión durante a súa viaxe a Irlanda en 1928. Agrupadas en […]

Nova sede en Cambados

Inauguración da nova sede da Fundación Plácido Castro

Cambados acolle este venres 22 de marzo a partires das oito da tarde, a inauguración da nova sede da Fundación Plácido Castro que se traslada da rúa do Príncipe 10 ao inmoble sito no número 4 da rúa Nova, segunda planta.
A sede acolle unha Exposición Permanente que inclúe unha exposición fotobiográfica de once paneis e seis vitrinas nas que se fai un repaso das orixes familiares, as súas principais vocacións (xornalismo, tradución, compromiso político e docencia), e das relacións con Cambados.

Vilagarcía acolle a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución

Este sábado día 30, coincidindo co Día Internacional da Tradución, o salón de plenos do concello de Vilagarcía de Arousa acolle a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución, que na súa XVIª edición recaeu en Isabel Soto pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti. A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, […]