Antecedentes, Actividades, Balance, Obxectivo 2016-2020, Conclusións e Anexos.
Índice
- Antecedentes
- Actividades
- Balance
- Obxectivos 2016-2020
- Conclusións
- Anexos
-
Antecedentes
A Fundación Plácido Castro (FPC) foi constituida en 1999 a instancias do IGADI como un proxecto pensado para reivindicar e divulgar a persoalidade, obra e pensamento deste autor. A día de hoxe, a FPC inclúe a tres concellos (Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e o propio IGADI.
-
Actividades
Entre as actividades desenvolvidas ao longo deste tempo, cabe salientar as seguintes:
- A organización de XVI Conferencias Anuais coincidindo coa data do seu natalicio (ver anexo 1).
- A organización de XIV edicións do Premio de Tradución (ver anexo 2).
- A elaboración dunha exposición fotobiográfica que percorreu numerosos concellos galegos, incluíndo un díptico.
- A elaboración dun DVD.
- A promoción e elaboración de separatas, especiais e suplementos en diferentes medios de comunicación (Galicia Hoxe, A Nosa Terra)
- A organización do 70 aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade a modo de homenaxe a Plácido Castro coa instalación dunha placa en Vigo na rúa Reconquista.
- A celebración de numerosas mesas redondas en torno á súa figura.
- A conmemoración do centenario do seu nacemento (2002) con un amplo ciclo de actividades.
- A celebración en 2005 dun Congreso monográfico en A Coruña-Corcubión.
- A edición dunha guía rápida biográfica.
- A edición dun libro colectivo con motivo do seu centenario.
- A edición de todas as conferencias anuais e a súa difusión selectiva.
- A dedicatoria dunha rúa en Vilagarcía de Arousa.
- A denominación Plácido Castro á Biblioteca de Corcubión e o seu nomeamento como Fillo Predilecto.
- A elaboración dun volume de artigos sobre Irlanda.
- A edición bilingüe da obra Un galego en Irlanda
- A publicación dunha escolma periodística.
- A compilación de ensaios, obra poética e xornalística e a súa publicación electrónica.
- A edición dun libro coas súas máximas.
- A edición do caderno de dedicatorias dos amigos.
- A edición dun facsímil de As Rubbaiyat con motivo dos 50 anos da súa publicación na revista Grial.
- A realización dun inventario e estudo sobre a súa obra pictórica.
- A elaboración dunha web específica e a dinamización de contidos a través das redes sociais.
- A preparación da súa obra completa de tradución.
- A encomenda dunha peza artística a Xaquín Chaves como galardón do premio de Tradución.
- O impulso da proposta de dedicatoria dun Día das Letras Galegas.
-
Balance
Contando con escasos medios, a FPC foi quen de sumar vontades de persoas e institucións para lograr que a figura de Plácido Castro fose máis coñecida e recoñecida. Pero non todos os obxectivos foron acadados, e nese debe cómpre salientar:
- a non creación da Cátedra Plácido Castro.
- a paralización do Arquivo sobre a súa obra.
- a non consecución de apoio económico suficiente para o premio de Tradución.
- a non creación da rede de institucións amigas e aliadas.
- o non afondamento investigador no seu periplo vital.
-
Obxectivos 2016-2020
-
4.1 Alentar o recoñecdemento da condición tradutora de Plácido Castro
En 2015, conmemoramos o 50 aniversario da tradución de As Rubbaiyat de Omar Kayyam. En 2016, conmemoraremos os 70 anos do premio outorgado pola Federación das Sociedades Galegas de Arxentina ás súas traducións, xunto con Tobío e Delgado Gurriarán. Temos en curso a compilación analítica da súa obra tradutora. Estas circunstancias aconsellarían centrar os próximos meses na dimensión tradutora de Plácido Castro, buscando una complicidade coas empresas do sector para reivindicar a tradución e o labor dos tradutores e, co seu apoio, reclamar un Día das Letras Galegas para Plácido Castro. En paralelo, cabe promover a edición facsímil dalgunhas traducións.
-
4.2 Potenciar a investigación sobre a súa vida, obra e pensamento
Cómpre insistir na importancia de abrir novos camiños para a afondar na traxectoria de Plácido Castro a todos os niveis, aproveitando para iso o convenio asinado coa Facultade de Xeografía e Historia da USC. Eses enriquecementos e perspectivas deberan confluir na elaboración dunha nova biografía, revisada e completada respecto á actual.
-
4.3 Habilitación dun espazo digno onde acoller todos os materiais inventariados e poñelos a disposición dos interesados
Cómpre mellorar as dotacións a este nivel e garantir un depósito seguro dos orixinais mediante acordos con alguna das institucións posibles.
-
4.4 Impulso ao Premio de Tradución
O Premio de Tradución exalta unha das dimensións fundamentais, e de maior valor contemporáneo, do facer de Plácido. O impulso ao Premio inclúe a mellora da súa dotación económica, pero igualmente a rigorización da súa xestión e unha adecuada posta en escea que facilite o debido eco nos medios de comunicación.
-
4.5 2018: 85 aniversario do CNE
De cara ao 85 aniversario do recoñecemento de Galicia como nacionalidade cómpre impulsar dende agora a realización de diversas iniciativas que destaquen este evento e a participación nel de Plácido Castro como figura senlleira.
-
4.6 Novos modos de difusión da súa obra e pensamento
Cómpre explorar novos e creativos camiños para divulgar a súa figura e o seu facer. Nese sentido, debemos asegurar a presenza de publicacións básicas na rede de bibliotecas de Galicia, a permanente reedición das obras esgotadas e a realización de coloquios informativos.
-
4.7 Fomentar alianzas para crear e estender unha rede arredor da súa figura con especial proxección no entorno galicianista en Inglaterra e Irlanda
Debemos identificar institucións e particulares no exterior que poidan estar interesados en contribuir á dignificación de Plácido Castro e visibilizar entre nós todo ese potencial.
-
4.8 Ampliación da base asociativa e alianzas da Fundación
Cómpre culminar o achegamento a Muxía e concentrar esforzos na plasmación de iniciativas compartidas con outras entidades semellantes coas que xa se ven cooperando.
-
4.9 Consolidación da estrutura interna
Cómpre asentar debidamente o aparello burocrático da Fundación, organizando una documentación que vai adquirindo xa certo volume e asegurando a debida normalidade dos procesos administrativos e contables así como a fiabilidade dos rexistros existentes. Así mesmo, compre difundir máis a publicación das memorias anuais e instar maiores compromisos económicos das institucións participantes.
-
4.10 Vinte anos da Fundación
En 2019 cumpriranse vinte anos da creación da Fundación. Será unha oportunidade para resaltar o seu labor e facer balance das súas accións nestas dúas décadas.
-
Conclusión
A posta en valor e potenciación da dimensión tradutora de Plácido Castro, sen prexuízo de manter acesas as demais, abre unha oportunidade importante para que a súa figura gañe complicidades e adquira outro status. A Fundación pode concentrar esforzos nesta liña nos próximos anos a sabendas de que os retornos posibles non só beneficiarán o recoñecemento de Plácido senón tamén dos compromisos que el compartía e comparte con moitos outros que hoxendía perseveran nas súas inquedanzas.
Novembro 2015
Anexos
Anexo 1: Relación de Conferencias Anuais Plácido Castro
- XVI Conferencia Anual
Plácido Castro e o humanismo, onte e hoxe
África López Souto
Muxía, 23 de Xaneiro de 2015 - XV Conferencia Anual
Plácido Castro e a arte galega do seu tempo
Xosé Carlos López Bernárdez
Cambados, 27 de xaneiro de 2014 - XIV Conferencia Anual
Plácido Castro, Rosalía e Cantares gallegos
Anxo Angueira
Pontevedra, 25 de Xaneiro de 2013 - XIII Conferencia Anual
Galeguismo e Saudade: a visión de Plácido Castro
Miguel Ángel Martínez Quintanar
Lugo, 25 de Xaneiro de 2012 - XII Conferencia Anual
O nacionalismo, una teoría política vixente?
Igor Ahedo Gurrutxaga
(A Coruña, 25 de Xaneiro de 2011) - XI Conferencia Anual
Plácido Castro, a aprendizaxe das linguas e o uso do galego: complementariedade ou contradición?
Henrique Monteagudo
(Corcubión, 29 de Xaneiro de 2010) - X Conferencia Anual Plácido Castro
Plácido Castro e o seu modelo de desenvolvemento turístico para Galicia
pronunciada por Ángeles Piñeiro Antelo
(Cambados, 23 de Xaneiro de 2009) - IX Conferencia Anual Plácido Castro
Plácido Castro e o debate sobre o celtismo en Galicia
pronunciada por Xosé Luís Barreiro Barreiro
(Baiona, 25 de xaneiro de 2008). - VIII Conferencia Anual Plácido Castro
A poesía en Plácido Castro
pronunciada por María do Cebreiro Rábade Villar
(Ourense, 25 de xaneiro de 2007). - VII Conferencia Anual Plácido Castro
Plácido Castro e a Prensa da súa época
pronunciada por Luís Álvarez Pousa
(Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2006) - VI Conferencia Anual Plácido Castro
Significado e importancia de Plácido Castro no panorama da tradución en Galicia
pronunciada por Valentín Arias e Alberto A. Lugrís
(Vigo, Casa Galega da Cultura, 25 de xaneiro de 2005) - V Conferencia Anual Plácido Castro
Plácido Castro no teatro galego, preámbulo posible
pronunciada por Manuel F. Vieites.
(Corcubión, 23 de xaneiro de 2004) - IV Conferencia Anual Plácido Castro
Galicia, un país de Europa
pronunciada por Félix Soria.
(Cambados, 24 de xaneiro de 2003) - III Conferencia Anual Plácido Castro
Portugal e o galeguismo
pronunciada por Ramón Villares
(Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2002) - II Conferencia Anual Plácido Castro
“Nós, os pobos das Nacións Unidas…”
Fantasía e realidade dunha orde internacional
pronunciada por Ramón Lugrís Pérez
(Cambados, 25 de xaneiro de 2001) - I Conferencia Anual Plácido Castro
Irlanda e as novas formas da vida internacional
pronunciada por Fernando Pérez-Barreiro Nolla
(Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2000)
Anexo 2: Edicións do Premio de Tradución Plácido Castro
Edición | Ano | Premiados |
Primeira | 2001 | Lois Tobío e Valentín Arias |
Segunda | 2002 | Xesús Riveiro Costa |
Terceira | 2003 | Enma Lázare |
Cuarta | 2004 | Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia |
Quinta | 2005 | Fernando Pérez-Barreiro Nolla Iolanda Galanes e Marta Panero Louzán |
Sexta | 2006 | Xoán Montero e Ekaterina Guerbek |
Sétima | 2007 | Ánxela Gracián |
Oitava | 2008 | María Reimóndez Meilán |
Novena | 2009 | Emilio Valadé del Río e Natalia Cora, Rebeca Lemat e Susana Collazo |
Décima | 2010 | Fernando Moreira Corral |
Undécima | 2011 | Camiño Noia, Elena Sherevera e Lourenzo Maroño |
Duodécima | 2012 | Deserto |
Decomotercerira | 2013 | Deserto |
Décimocuarta | 2014 | Mona Imai e Alejandro Tobar |