Noticias

Nova edición do Premio Plácido Castro de tradución

Hoxe publicamos as bases da XXIV edición do Premio de tradución Plácido Castro. Poderán concorrer ao galardón obras traducidas ao galego publicadas no pasado ano 2025. O prestixioso premio de tradución cumpre un cuarto de século co obxectivo de promover a tradución ao galego de obras literarias en outros idiomas. Tamén queremos recordar a figura […]

Doazón á Fundación Penzol

A Presidenta da Fundación Castro, Susi Castro, fixo entrega esta mañá a Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol, dun debuxo de Francisco Fernández del Riego, obra de Luís Seoane. No reverso do debuxo, figura outro, con case total certeza obra de Laxeiro. A peza en cuestión, é propiedade da familia Plácido Castro quen preferiu […]

A Fundación Plácido Castro dixitaliza boa parte do seu fondo documental

Neste último cuarto de ano, a Fundación Plácido Castro vén de actualizar a catalogación dos seus fondos documentais que posúen un grande valor patrimonial e tamén de dixitalizar boa parte deles como froito da colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dita acción forma parte dun convenio de colaboración asinado entre as dúas […]

I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro

Boas novas dende a Fundación Plácido Castro. Estamos encantados de anunciar que o próximo 15 de novembro terá lugar en Cambados o I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro.  A primeira edición contará coa presenza das gañadoras do Premio de Tradución Plácido Castro do ano 2023, Tamara Andrés e Oriana Méndez, pola súa obra As […]

Palabras de Isabel Soto no Acto de entrega do Premio Plácido Castro

O pasado sábados 27 de setembro, Isabel Soto recolleu o XXIII Premio de tradución Plácido Castro no Salón nobre do Concello de Vilagarcía de Arousa. Nun salón ateigado, a tradutora pronunciou unhas fermosas e reivindicativas palabras que pasamos a reproducir: Bo día a todos e a todas e moitas grazas pola vosa asistencia a este […]

Entrevista a Isabel Soto, gañadora do XXIII Premio Plácido Castro

Conversamos con Isabel Soto, gañadora da XXIII edición do Premio de tradución Plácido Castro, sobre o traballo de tradución en Galicia e sobre a súa experiencia traducindo A herdanza Ferramonti para a editorial Hugin e Munin. O acto de entrega do galardón celebrarase o próximo sábado 27, ás 12:30 no Salón Nobre da Casa do […]

Libro '1933-2013: 80 anos da participación e admisión de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas'

Sempre en Berna, por Xulio Ríos

“Por primeira vez na súa historia, Galicia concorreu con personalidade propia a un Congreso internacional”, dicíanos Plácido Castro nunha tribuna para El Pueblo Gallego (EPG) o 30 de setembro de 1933. Viña de participar no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (CNE), celebrado en Berna entre o 16 e 18 de setembro. Reunido “en momentos dramáticos […]