Noticias

Irlanda na retina de Plácido Castro

Este mes de xuño, Irlanda será a gran protagonista das actividades principais da Fundación Plácido Castro. O 21 de xuño inauguraremos na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa, a exposición “A Irlanda de Plácido Castro”, que reproduce 45 instantáneas realizadas polo intelectual de Corcubión durante a súa viaxe a Irlanda en 1928. Agrupadas en […]

Nova sede en Cambados

Inauguración da nova sede da Fundación Plácido Castro

Cambados acolle este venres 22 de marzo a partires das oito da tarde, a inauguración da nova sede da Fundación Plácido Castro que se traslada da rúa do Príncipe 10 ao inmoble sito no número 4 da rúa Nova, segunda planta.
A sede acolle unha Exposición Permanente que inclúe unha exposición fotobiográfica de once paneis e seis vitrinas nas que se fai un repaso das orixes familiares, as súas principais vocacións (xornalismo, tradución, compromiso político e docencia), e das relacións con Cambados.

Vilagarcía acolle a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución

Este sábado día 30, coincidindo co Día Internacional da Tradución, o salón de plenos do concello de Vilagarcía de Arousa acolle a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución, que na súa XVIª edición recaeu en Isabel Soto pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti. A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, […]

Isabel Soto, gañadora da XVI edición do Premio Plácido Castro de Tradución

A viguesa Isabel Soto é a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti. Isabel Soto é unha tradutora consolidada cunha longa traxectoria profesional. A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, escritor italiano scapigliato. A scapigliatura foi un movemento artístico e literario desenvolvido no […]

Fene acolle a 18ª Conferencia Anual Plácido Castro

Cada 25 de xaneiro e coincidindo co natalicio de Plácido Castro, a Fundación Plácido Castro celebra as Conferencias Anuais que serven para recordar e afondar nalgún aspecto da personalidade do autor, da súa obra ou do seu pensamento da man de recoñecidos especialistas. Arquivos anexos a descargar: 18ª Conferencia Anual (209 kB)