Noticias

Captura de pantalla da web da Fundación

A Fundación Plácido Castro estrea web para achegar a figura do corcubionés ao mundo 2.0

A Fundación Plácido Castro vén de estrear a súa web www.fundacionplacidocastro.com na que recolle información básica sobre a entidade e as súas actividades pero, sobre todo, documenta ao corcubionés Plácido Castro, tanto no que fai á súa traxectoria vital como ás súas dimensións como xornalista, tradutor ou galeguista, pero tamén poeta ou acuarelista, entre outros.

Plácido Castro convócanos a pensar de novo o Humanismo da man de África López Souto

A décimo sexta edición da Conferencia Anual Plácido Castro versou este ano sobre a vixencia do humanismo. Certamente, unha das características da xeración de Plácido Castro (1902-1967) foi o seu saber enciclopédico, produto dunha formación coidada que prestaba moita atención á transmisión dunha bagaxe cultural ampla e sólida. Ese amplo saber, que nutría unha fonda sensibilidade, […]