Noticias

XXIII Premio de tradución Plácido Castro

Dentro dunha semana daremos a coñecer o gañador ou gañadora do XXIII Premio de tradución Plácido Castro de entre as 13 candidaturas desta edición. Dende o mes de maio o xurado estivo valorando as diversas obras destacando a variedade das linguas de orixe, das épocas nas que foron realizadas así como dos estilos literarios empregados […]

Castelao, entre Tobío e Plácido Castro, por Xulio Ríos

Lois Tobío e Plácido Castro ben podían ser definidos como dúas sobresaíntes expresións do universalismo galeguista. Militantes os dous do Partido Galeguista (PG), ambos compartían unha gran veneración por Castelao. En común tiñan tamén unha moi importante paixón polo internacional. Os dous foron tan universais como galegos. Tobío estudou en Berlín e Castro no Reino […]

A causa militar contra Plácido Castro, por Xulio Ríos

As dilixencias previas instruidas contra Plácido Castro pola autoridade militar en agosto de 1939, “Año de la Victoria”, revelan algúns aspectos de interese a propósito da caracterización desta “persona de marcada significación izquierdista”. Igualmente, é sintomático dos tópicos daquel tempo e da represión exercida contra a militancia democrática. No expediente instruido a instancias dunha denuncia […]

Fondo Xoán Bernárdez Vilar

O pasado venres 14 de marzo Sabela Bernárdez, en nome do seu pai, o académico Xoán Bernárdez Vilar, acudiu á sede da fundación para recibir un sentido acto de agradecemento na presentación do fondo doado polo escritor e historiador. Trátase dunha importante doazón que de seguro vai enriquecer os fondos da institución. Está formada por […]

Xurado do XXIII Premio Plácido Castro de tradución

A pasada semana constituíse o xurado do XXIII Premio Plácido Castro de tradución. Vai estar formado por Raquel Senra Fernádez en representación da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI), Xavier Senín pola Real Academia Galega, Domingo Tabuyo pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Silvia Montero Küpper pola Facultade […]

Plácido Castro e Castelao, por Xulio Ríos

Nunha ocasión, Plácido Castro dixo de Castelao: “En ningunha outra persoa que coñecín notei tanta harmonía constante entre a fondura íntima e a comunicación externa”… A admiración de Plácido por Castelao curtirase na militancia común no Partido Galeguista (PG), ao que el se sumaría dende o mesmo momento fundacional ao pouco de chegar do Reino […]