Noticias

“Plácido Castro, identidade entre mundos”

A Fundación Plácido Castro vén de presentar un cómic sobre a figura deste insigne autor nacido en Corcubión en 1902 e falecido en Cambados en 1967. Con guión e deseño de Pepe Carreiro, nas súas 30 páxinas, fai un repaso contextual da súa época, as súas influencias e relacións, os vectores do seu pensamento político […]

Coas Letras Galegas de Xela Arias

A Fundación Plácido Castro súmase, como en anteriores ocasións, á efeméride do Día das Letras Galegas, pois converxe plenamente cos seus obxectivos e demandas. Como dicía Plácido: “O feito de ser unha creación do noso pobo é unha razón que abonda para que o galego sexa para nós a lingua máis importante do mundo”. Nesta […]

Retrato de Plácido Castro

O Consello da Cultura Galega visibiliza a figura de PLÁCIDO CASTRO cunha publicación e a súa entrada no Álbum de Galicia

Plácido Castro (Corcubión, 1902-Cambados, 1967) fíxose galeguista estudando no Reino Unido con parte da realeza británica. Alí comprendeu que a identidade, no plano individual e colectivo, debe partir do propio, do seu recoñecemento, dignificación e exaltación. Sobre a súa faceta universalista e galeguista fala “Vocacións e ideais de Plácido Castro”, publicación que presenta o Consello […]

Convocatoria do XIX Premio Plácido Castro de Tradución : AVISO IMPORTANTE

A Fundación Plácido Castro informa ás persoas interesadas en participar no certame que: Ante a pandemia mundial de Covid-19, prorrógase o prazo de envío de obras que finalizaba, inicialmente, o 1 de Maio de 2020 ata o 15 de Xuño de 2020. Os organizadores animan a autores/as e editoras a formalizar as súas propostas de conformidade coas pautas […]

No Congreso sobre Plácido Castro celebrado en 2005

A Fundación Plácido Castro expresa o seu pesar polo falecemento de Xosé Luís Franco Grande

A Fundación Plácido Castro lamenta a morte do escritor Xosé Luís Franco Grande, quen foi un dos principais valedores e entusiastas da recuperación da figura do intelectual corcubionés. Foi Franco Grande o promotor principal na Real Academia Galega da iniciativa para dedicar a Plácido Castro un Día das Letras Galegas. Igualmente, era un asiduo das […]