Noticias

Laureano Araujo recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución

En Cambados foille entregado hoxe a Laureano Araujo o Premio Plácido Castro de Tradución que na súa XIXª edición gabou a súa tradución de Schlump, Erwin: Homicidio, do escritor suizo Friedrich Glauser. No acto, conmemorando o Día Internacional da Tradución, Constantino Cordal, padroeiro da Fundación e concelleiro de Cultura en Cambados, recordou os obxectivos do […]

22ª Conferencia Anual

22ª Conferencia Anual: “Plácido Castro, a cultura galega e a xénese da recuperación do Camiño de Santiago”, por Manuel Gago

“Plácido Castro, a cultura galega e a xénese da recuperación do Camiño de Santiago”, pronunciada por Manuel Gago, o 17 de Xullo de 2021, en Fisterra (A Coruña).   A memoria é enganosa. Moita xente pensa hoxe en día que o Camiño de Santiago, tal e como o entendemos, sempre estivo aí. Que nunca deixou […]

Manuel Gago e o Camiño de Santiago, protagonistas da XXII Conferencia Anual Plácido Castro

A vixésimo segunda Conferencia Anual Plácido Castro terá lugar o vindeiro sábado 17 de xullo en Fisterra, ás 20,00 horas, no salón de plenos do Concello. Nesta ocasión, será impartida por Manuel Gago, quen é doutor en Ciencias da Información pola USC, universidade na que tamén imparte aulas. Dirixe o portal do Consello da Cultura […]

BASES da XXª Edición do Premio Plácido Castro de Tradución

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da […]

Laureano Araujo gañador da XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

Reunido en Cambados o 22 de xuño, o xurado da XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución acordou por unanimidade premiar a tradución de Laureano Araujo da obra do escritor suízo Friedrich Glauser, “Schlumpf, Erwin: Homicidio”. O xurado, integrado nesta edición por D.ª Olga López López (Xunta de Galicia), D. Gabriel Álvarez (Asociación Galega […]

“Plácido Castro, identidade entre mundos”

A Fundación Plácido Castro vén de presentar un cómic sobre a figura deste insigne autor nacido en Corcubión en 1902 e falecido en Cambados en 1967. Con guión e deseño de Pepe Carreiro, nas súas 30 páxinas, fai un repaso contextual da súa época, as súas influencias e relacións, os vectores do seu pensamento político […]

Coas Letras Galegas de Xela Arias

A Fundación Plácido Castro súmase, como en anteriores ocasións, á efeméride do Día das Letras Galegas, pois converxe plenamente cos seus obxectivos e demandas. Como dicía Plácido: “O feito de ser unha creación do noso pobo é unha razón que abonda para que o galego sexa para nós a lingua máis importante do mundo”. Nesta […]