Noticias

Retrato de Plácido Castro

O Consello da Cultura Galega visibiliza a figura de PLÁCIDO CASTRO cunha publicación e a súa entrada no Álbum de Galicia

Plácido Castro (Corcubión, 1902-Cambados, 1967) fíxose galeguista estudando no Reino Unido con parte da realeza británica. Alí comprendeu que a identidade, no plano individual e colectivo, debe partir do propio, do seu recoñecemento, dignificación e exaltación. Sobre a súa faceta universalista e galeguista fala “Vocacións e ideais de Plácido Castro”, publicación que presenta o Consello […]

Convocatoria do XIX Premio Plácido Castro de Tradución : AVISO IMPORTANTE

A Fundación Plácido Castro informa ás persoas interesadas en participar no certame que: Ante a pandemia mundial de Covid-19, prorrógase o prazo de envío de obras que finalizaba, inicialmente, o 1 de Maio de 2020 ata o 15 de Xuño de 2020. Os organizadores animan a autores/as e editoras a formalizar as súas propostas de conformidade coas pautas […]

No Congreso sobre Plácido Castro celebrado en 2005

A Fundación Plácido Castro expresa o seu pesar polo falecemento de Xosé Luís Franco Grande

A Fundación Plácido Castro lamenta a morte do escritor Xosé Luís Franco Grande, quen foi un dos principais valedores e entusiastas da recuperación da figura do intelectual corcubionés. Foi Franco Grande o promotor principal na Real Academia Galega da iniciativa para dedicar a Plácido Castro un Día das Letras Galegas. Igualmente, era un asiduo das […]

“Plácido Castro formou parte activa do núcleo galeguista da posguerra en Vigo”

O profesor e investigador Xosé Luís Pastoriza Rozas fixo este venres en Nigrán, no marco da XXI Conferencia Anual Plácido Castro, unha brillante disertación sobre a figura deste intelectual e insigne galeguista. Segundo Pastoriza, Plácido Castro foi parte activa do núcleo galeguista que se organizou en Vigo nos anos 40, a onde chegara como consecuencia […]

Nigrán acollerá a XXI Conferencia Anual Plácido Castro

Unha análise sobre as tendencias liberais de Plácido Castro e a súa significación nas diferentes orientacións que coexistían no seo do Partido Galeguista será o tema central da XXI Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o vindeiro 24 de Xaneiro en Nigrán. É esta a segunda ocasión en que esta prestixiosa conferencia se desenvolve […]