Convenio de cooperación educativa entre a Fundación Plácido Castro e a Universidade de Vigo

Convenio de cooperación educativa entre a Fundación Plácido Castro e a Universidade de Vigo

CONVENIO DE COOPERACIÓN EDUCATIVA ENTRE FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO E A UNIVERSIDADE DE VIGO PARA REALIZAR PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS

REÚNENSE:

Dunha parte, don Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor Magnífico da Universidade de Vigo, nomeado segundo o Decreto da Comunidade Autónoma de Galicia 59/2018, do 31 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 109, do 8 de xuño de 2018, de acordo coas competencias que lle outorga o artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, e o artigo 29 dos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, e publicados no DOG nº 38, do 22 de febreiro do 2019. Con enderezo en Edificio Exeria, campus universitario, 36310 Vigo.

Doutra, Xulio Rios Paredes, Director, en representación de FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO e con enderezo social na rúa de Rúa Nova, 4, de Cambados e Código de Identificación Fiscal G36887479.

Ambas as partes teñen plena capacidade para levar adiante o presente convenio de cooperación educativa e

EXPOÑEN:

1.Que o interese de ambas as entidades é facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado universitario nas áreas operativas das empresas e a súa incorporación futura ao traballo dentro da sociedade.

2.Con este fin, acordan establecer un convenio de cooperación educativa sometido ás seguintes

CLÁUSULAS

PRIMEIRA

O obxecto deste convenio é regular un programa de prácticas académicas externas entre a Universidade de Vigo e FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO para facilitar a preparación para o exercicio profesional do estudantado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na Universidade de Vigo. Así, promoverase o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.

SEGUNDA

Dado o carácter formativo das prácticas académicas externas, da súa realización non se derivarán en ningún caso obrigas propias dunha relación laboral nin o seu contido poderá dar lugar á substitución da prestación laboral propia de postos de traballo.

TERCEIRA

A Universidade de Vigo axustarase á normativa aprobada para tramitar, xestionar e difundir as prácticas académicas externas.

De acordo coa devandita normativa, a Universidade de Vigo poderá delegar nunha entidade xestora a execución de prácticas externas extracurriculares. En virtude do convenio asinado para tal efecto entre a Universidade de Vigo e a Fundación Universidade de Vigo, a tramitación, a xestión e a difusión das prácticas externas extracurriculares será responsabilidade da Fundación Universidade de Vigo (Fuvi).

CUARTA

1.Poden realizar prácticas académicas externas:

a)O alumnado matriculado en calquera ensinanza impartida pola Universidade o polos centros adscritos a esta.

b) O estudantado doutras universidades españolas ou estranxeiras que, por razón de programas de mobilidade académica ou de convenios establecidos entre elas, se atopen cursando estudos na Universidade de Vigo ou nos centros adscritos a esta.

2 Para realizar as prácticas externas o alumnado deberá cumprir, cando proceda, os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado na ensinanza universitaria á que se vinculan as competencias básicas, xenéricas e/ou específicas que adquirirá ao realizar a práctica.

b) No caso de prácticas externas curriculares, estar matriculado na materia vinculada, segundo o plan de estudos de que se trate.

c) Non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada, ou a propia universidade en que se van realizar as prácticas, salvo unha autorización conforme a normativa interna de cada universidade.

3 A Universidade de Vigo ou a entidade xestora realizará unha convocatoria pública nos centros universitarios afectados, en que se indicará o número de alumnado de prácticas e as condicións da práctica académica externa, garantindo os principios de transparencia, publicidade e igualdade de oportunidades.

QUINTA

O programa de prácticas académicas desenvolverase conforme os seguintes termos:

1 A duración das prácticas externas curriculares será a que estableza o plan de estudos correspondente nos termos establecidos polo artigo 12.6 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro.

2 A duración das prácticas externas extracurriculares axustarase á normativa complementaria desenvolvida pola Universidade de Vigo.

3 O alumnado contará cunha persoa titora da entidade colaboradora e con outra da Universidade de Vigo para realizar as prácticas.

4 O horario das prácticas procurará en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos. En particular, o alumnado ten dereito a realizar as probas de avaliación correspondentes aos estudos en que se matriculara e a empresa está obrigada a concederlle os permisos necesarios para asistir a elas.

5 O proxecto formativo en que se concreta a realización de cada práctica académica externa fixará os obxectivos educativos e as actividades que se desenvolverán.

6 Dereitos e deberes da persoa titora da entidade colaboradora

A persoa titora da entidade colaboradora terá os seguintes dereitos:

a) Ao recoñecemento da súa actividade colaboradora por parte da Universidade de Vigo, en función dos termos establecidos por esta.

b) A ser informado da normativa que regula as prácticas externas así como do Proxecto Formativo e das condicións do seu desenvolvemento.

c) Ter acceso á Universidade de Vigo para obter a información e o apoio necesarios para o cumprimento dos fins propios da súa función.

Así mesmo terá os seguintes deberes:

a) Acoller ao estudante e organizar a actividade a desenvolver con arranxo ao establecido no Proxecto Formativo.

b) Supervisar as súas actividades, orientar e controlar o desenvolvemento da práctica cunha relación baseada no respecto mutuo e o compromiso coa aprendizaxe.

c) Informar ao estudante da organización e funcionamento da entidade e da normativa de interese, especialmente a relativa á seguridade e riscos laborais.

d) Coordinar co titor académico da Universidade de Vigo o desenvolvemento das actividades establecidas, incluíndo aquelas modificacións do plan formativo que poidan ser necesarias para o normal desenvolvemento da práctica, así como a comunicación e resolución de posibles incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da mesma e o control de permisos para a realización de exames.

e) Emitir un informe final que remitirá ao titor académico da Universidade de Vigo á conclusión das prácticas, que recollerá o número de horas realizadas polo estudante e no cal poderá valorar os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como ás específicas, previstas no correspondente proxecto formativo:

e.1) Capacidade técnica.

e.2) Capacidade de aprendizaxe.

e.3) Administración de traballos.

e.4) Habilidades de comunicación oral e escrita. No caso de estudantes con discapacidade que teñan dificultades na expresión oral, deberá indicarse o grado de autonomía para esta habilidade e si require dalgún tipo de recurso técnico e/ou humano para a mesma.

e.5) Sentido da responsabilidade.

e.6) Facilidade de adaptación.

e.7) Creatividade e iniciativa.

e.8) Implicación persoal.

e.9) Motivación.

e.10) Receptividade ás críticas.

e.11) Puntualidade.

e.12) Relacións coa súa contorna laboral.

e.13) Capacidade de traballo en equipo.

e.14) Aqueloutros aspectos que se consideren oportunos.

f) Proporcionar a formación complementaria que precise o estudante para a realización das prácticas.

g) Proporcionar ao estudante os medios materiais indispensables para o desenvolvemento da práctica.

h) Facilitar e estimular a achega de propostas de innovación, mellora e emprendemento por parte do estudante.

i) Facilitar ao titor académico da Universidade de Vigo o acceso á entidade para o cumprimento dos fins propios da súa función.

j) Gardar confidencialidade en relación con calquera información que coñeza do estudante como consecuencia da súa actividade como titor.

k) Prestar axuda e asistencia ao estudante, durante a súa estancia na entidade, para a resolución daquelas cuestións de carácter profesional que poida necesitar no desempeño das actividades que realiza na mesma.

7 Dereitos e deberes do titor académico da Universidade de Vigo

O titor/a académico/a da Universidade de Vigo terá os seguintes dereitos:

a) Ao recoñecemento efectivo da súa actividade académica nos termos que estableza a Universidade de Vigo, de acordo coa súa normativa interna.

b) A ser informado da normativa que regula as prácticas externas así como das condicións baixo as que se desenvolverá a estancia do estudante a tutelar.

c) Ter acceso á entidade para o cumprimento dos fins propios da súa función.

Así mesmo, terá os seguintes deberes:

a) Velar polo normal desenvolvemento do Proxecto Formativo, garantindo a compatibilidade do horario de realización das prácticas coas obrigacións académicas, formativas e de representación e participación do estudante.

b) Facer un seguimento efectivo das prácticas coordinándose para iso co titor da entidade colaboradora e vistos, no seu caso, os informes de seguimento.

c) Autorizar as modificacións que se produzan no Proxecto Formativo.

d) Levar a cabo o proceso avaliador das prácticas do estudante tutelado de acordo co que se establece de conformidade cos procedementos que establece a Universidade de Vigo, cumprimentando o correspondente informe de avaliación.

e) Gardar confidencialidade en relación con calquera información que coñeza como consecuencia da súa actividade como titor.

f) Informar ao órgano responsable das prácticas externas na Universidade de Vigo das posibles incidencias xurdidas.

g) Supervisar, e no seu caso solicitar, a adecuada disposición dos recursos de apoio necesarios para asegurar que os estudantes con discapacidade realicen as súas prácticas en condicións de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.

8 Dereitos e deberes dos estudantes en prácticas.

Durante a realización das prácticas académicas externas, os estudantes terán os seguintes dereitos:

a) Á tutela, durante o período de duración da correspondente práctica, por un profesor da Universidade de Vigo e por un profesional que preste servizos na empresa, institución ou entidade onde se realice a mesma.

b) Á avaliación de acordo cos criterios establecidos pola Universidade de Vigo.

c) Á obtención dun informe por parte da entidade colaboradora onde realizou as prácticas, con mención expresa da actividade desenvolvida, a súa duración e, no seu caso, o seu rendemento.

d) A percibir, nos casos en que así se estipule, a achega económica da entidade colaboradora, en concepto de bolsa ou axuda ao estudo.

e) Á propiedade intelectual e industrial nos termos establecidos na lexislación reguladora da materia.

f) A recibir, por parte da entidade colaboradora, información da normativa de seguridade e prevención de riscos laborais.

g) A cumprir coa súa actividade académica, formativa e de representación e participación, previa comunicación con antelación suficiente á entidade colaboradora.

h) A dispoñer dos recursos necesarios para o acceso dos estudantes con discapacidade á tutela, á información, á avaliación e ao propio desempeño das prácticas en igualdade de condicións.

i) A conciliar, no caso dos estudantes con discapacidade, a realización das prácticas con aquelas actividades e situacións persoais derivadas ou conectadas coa situación de discapacidade.

j) Aqueloutros, no seu caso, previstos na normativa da Universidade de Vigo.

Así mesmo e, durante a realización das prácticas académicas externas os estudantes deberán atender ao cumprimento dos seguintes deberes:

a) Cumprir a normativa vixente relativa a prácticas externas establecida pola Universidade de Vigo.

b) Coñecer e cumprir o Proxecto Formativo das prácticas seguindo as indicacións do titor asignado póla entidade colaboradora baixo a supervisión do titor académico da Universidade de Vigo.

c) Manter contacto co titor académico da Universidade de Vigo durante o desenvolvemento da práctica e comunicarlle calquera incidencia que poida xurdir no mesmo, así como facer entrega dos documentos e a memoria final que lle sexan requiridos.

d) Incorporarse á entidade colaboradora de que se trate na data acordada, cumprir o horario previsto no proxecto educativo e respectar as normas de funcionamento, seguridade e prevención de riscos laborais da mesma.

e) Desenvolver o Proxecto Formativo e cumprir con dilixencia as actividades acordadas coa entidade colaboradora conforme ás liñas establecidas no mesmo.

f) Elaboración da memoria final das prácticas na que deberá figurar, entre outros, os seguintes aspectos: datos persoais do estudante; entidade colaboradora onde realizou as prácticas e lugar de ubicación; descrición concreta e detallada das tarefas; traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado; valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias adquiridos en relación cos estudos universitarios; relación dos problemas suscitados e o procedemento seguido para a súa resolución; identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas; avaliación das prácticas e suxestións de mellora.

g) Gardar confidencialidade en relación coa información interna da entidade colaboradora e gardar segredo profesional sobre as súas actividades, durante a súa estancia e finalizada esta. No seu caso o estudante comprométese a coñecer e aceptar as directrices de seguridade establecidas na entidade colaboradora na súa política de seguridade, ademais da normativa xeral en materia de protección de datos.

h) Mostrar, en todo momento, unha actitude respectuosa cara á política da entidade colaboradora, salvagardando o bo nome da universidade á que pertence.

9 Ao finalizar as prácticas, a empresa e a Universidade de Vigo entregaranlle a cada estudante un certificado que conterá como mínimo os seguintes aspectos:

a)Titular do documento.

b) Entidade colaboradora onde se realizaron as prácticas.

c) Descrición da práctica especificando a súa duración e datas de realización.

d) Actividades realizadas.

10 A persoa titora da entidade colaboradora poderá recibir o recoñecemento da Universidade de Vigo polo labor realizado.

11 Coa finalidade de manter en todo momento o rexistro de estudantes participantes baixo este convenio, FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO comunicaralle á Universidade de Vigo ou á entidade xestora calquera alta e baixa que se produza na empresa. Xunto á alta de cada estudante, a empresa comunicará a data do comezo e finalización das prácticas, o período de vacacións se o houbese, o lugar do desenvolvemento e o seu contido.

SEXTA

O período de prácticas non constitúe, baixo ningún concepto, unha relación laboral entre o alumnado e FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO nin coa Universidade de Vigo ou a entidade xestora.

Non poderá formalizarse un contrato de traballo entre a empresa e o estudantado mentres non finalice a práctica.

SÉTIMA

FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO poderá concederlle a cada estudante seleccionado unha bolsa mensual para realizar prácticas académicas externas, axustándose á normativa complementaria desenvolvida póla Universidade.

OITAVA

Segundo a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, do 25 de marzo de 1999, as prácticas en empresas que realicen as e os estudantes estarán cubertas polo seguro escolar, sempre que o alumnado estea matriculado e ao corrente do pago do citado seguro.

A Universidade de Vigo ten subscrito ademais un seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes, complementarios ao seguro escolar.

A inclusión no réxime xeral da Seguridade Social do estudantado que realice prácticas acadêmicas externas, rexerase polo establecido no R.D. 1493/2011 de 24 de outubro e polo desenvolvemento normativo establecido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

NOVENA

As partes manifestan que coñecen e compren a lexislación europea en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, á que se someten de forma expresa, comprometéndose a dar un uso debido aos datos de tal natureza que obteñan como consecuencia do desenvolvemento do presente convenio, no marco do disposto polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016.

As partes comprométense a tratar os datos de carácter persoal coa finalidade exclusiva de realizar o servizo.

As partes comprométense a que os datos de carácter persoal non serán obxecto de ningún tratamento distinto aos previstos neste convenio.

As partes comprométense a que os datos de carácter persoal non se cederán a terceiros, salvo nos casos em que exista unha obrigación legal.

As persoas interesadas poderán exercer, no seu caso, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación e portabilidade nos termos legais previstos, mediante a comunicación ao domicilio social da respectiva entidade.

A entidade colaboradora adoptará as medidas adecuadas para limitar o acceso dos seus empregados aos datos persoais durante a vixencia deste convenio.

Os datos de carácter persoal deberán ser destruídos ou devoltos, a criterio da Universidade de Vigo, unha vez finalizada a vixencia do convenio e no momento en que, en cumprimento das condicións pactadas ou legalmente previstas, remate a relación entre ambas partes; sen prexuízo das excepcións que a normativa e/ou as decisións xudiciais puidesen establecer con respecto ao mantemento temporal mínimo de certos datos que pola súa natureza así se requira. O mesmo destino haberá de darse a calquera soporte ou documento no que conste algún dato de carácter persoal obxecto de tratamento.

DÉCIMA

Este convenio non supón ningún gasto para a Universidade de Vigo, polo que non se precisa consignación orzamentaria.

DÉCIMO PRIMEIRA

Créase unha comisión paritaria de seguimento do presente convenio integrada por:

O Vicerreitor de Estudantes ou persoa en quen delegue, en representación da Universidade de Vigo.

O representante da Entidade colaboradora que asina o presente Convenio ou persoa en quen delegue, en representación de FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO.

Esta comisión resolverá os problemas que suscite este convenio na súa execución, garantirá o desenvolvemento normal dos compromisos asumidos e proporalles ás entidades outorgantes xeitos de aumentar a súa eficacia. Reuniranse cando así o considere oportuno cada unha das partes.

DÉCIMO SEGUNDA

1 Este convenio empezará a producir os seus efectos a partir da data da súa sinatura e terá unha duración de 4 anos.

Non obstante, antes do remate do prazo previsto se as circunstancias o fan aconsellable, as partes por unanimidade poderán acordar a súa prórroga polo período estritamente necesario e sempre dentro do límite máximo de ata catro anos adicional establecido na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

2 Son causas de resolución:

a) O transcurso do prazo de vixencia do convenio sen acordarse a prórroga do mesmo.

b) O transcurso do prazo máximo de vixencia do mesmo incluído o período de prórroga establecido no mesmo.

c) O acordo unánime dos asinantes.

d) O incumprimento das obrigas e compromisos asumidos por parte de algún dos asinantes.

e) Por decisión xudicial declaratoria da nulidade do convenio.

f) Por calquera das causas contempladas na normativa da universidade sobre prácticas externas. o contido do convenio.

3 Se no momento da rescisión algún ou algunha estudante estivese realizando prácticas, continuará estas ata o remate establecido.

4 Coa sinatura deste convenio queda derrogado calquera outro que coa mesma finalidade asinaran as partes.

DÉCIMO TERCEIRA

1 FUNDACIóN PLáCIDO CASTRO e a Universidade de Vigo comprométense a resolver de xeito amistoso calquera desacordo que poida xurdir no desenvolvemento do presente convenio.

2 As cuestións litixiosas que xurdan con respecto á interpretación, modificación, resolución e efectos do presente convenio serán resoltas, en primeira instancia, pola comisión mixta paritaria. Os conflitos que poidan xurdir polas partes, e que non se poidan resolver na comisión mixta, someteranse á resolución da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio.

E, como proba de conformidade, as partes comparecentes asinan por triplicado o presente convenio, no lugar e data indicados a continuación.

Martes, 16 de Xullo de 2019