Regulamento de usos da sede da Fundación Plácido Castro

Regulamento de usos da sede da Fundación Plácido Castro

  1. A Fundación Plácido Castro ten a súa sede en Cambados, Rúa Nova, 4, segunda planta, un espazo cedido polo Concello de Cambados.
  2. Na sede principal desenvólvense as principais xuntanzas e actividades que determinan a vida asociativa da Fundación.
  3. Ademais, pode dispor á súa comenencia do faiado do edificio a modo de almacén e a sala da primeira planta para a realización de actividades públicas.
  4. No espazo da segunda planta instálase unha Exposición Permanente sobre a vida e obra de Plácido Castro así como documentación e outros obxectos baixo a debida protección.
  5. Concello e Fundación estudarán o establecemento dun seguro apropiado para este espazo.
  6. É responsabilidade compartida do Concello e da Fundación o mantemento das instalacións en debidas condicións para o seu uso apropiado.
  7. Por parte da Fundación, unicamente os responsables (Presidenta e Secretario) contarán con chave para acceder ás instalacións privativas.
  8. A persoa representante do Concello de Cambados no Padroado da Fundación contará cunha chave propia.
  9. Prohíbese expresamente a realización de copias de chaves sen o consentimento previo da Fundación e do Concello.
  10. A Fundación poderá ceder, previa solicitude, o uso parcial das súas instalacións a outras entidades.
  11. O Concello poderá instar da Fundación a cesión parcial das instalacións para usos puntais por parte doutras entidades.
  12. Para as cesións de uso a terceiras entidades, habilitarase un libro rexistro de usos no que debe constar o nome da entidade, persoa responsable, teléfono de contacto, día e horas reservadas así como para as observacións que no seu caso procedan.
  13. Quen use o espazo da fundación debe evitar producir danos nas instalacións e garantir a retirada instantánea de todo elemento alleo ao finalizar a actividade así como o mantemento da orde e limpeza. O incumprimento será causa de denegación en futuras solicitudes.
  14. Calquera circunstancia non prevista neste regulamento resolverase de común acordo entre o Concello e a Fundación.

En Cambados, a 11 de Novembro de 2019

Arquivos anexos a descargar:

  • (400 kB)