I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro

I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro

Boas novas dende a Fundación Plácido Castro.

Estamos encantados de anunciar que o próximo 15 de novembro terá lugar en Cambados o I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro.  A primeira edición contará coa presenza das gañadoras do Premio de Tradución Plácido Castro do ano 2023, Tamara Andrés e Oriana Méndez, pola súa obra As Iluminacións de Arthur Rimbaud.

Con elas traballarase no par francés-galego, dirixido para estudantes e iniciados no proceso de tradución. O seminario complementarase cun faladoiro aberto a todo o público xeral coa participación das autoras citadas anteriormente, xunto coa tradutora Béatrice Pépin.

O evento celebrarase o sábado, 15 de novembro, no Salón José Peña e

na Casa da Calzada. Durante toda a xornada celebrarase o seminario de tradución, o faladoiro, así como un roteiro por Cambados no que se vai afondar na vida e obra de Plácido Castro en relación á vila na que viviu os seus últimos anos.

Para o seminario é preciso anotarse antes do 7 de novembro, ou ata completar aforo (25 persoas), inscribíndose de balde no correo: formacion@agpti.org. Máis información tamén na súa páxina web.

O seminario xorde con ánimo de continuidade, ofrecendo a posibilidade de aprender do proceso de tradución da man dos gañadores e gañadoras dos premios en anteriores edicións. A idea parte da colaboración da AGPTI (Asociación galega de profesionais da tradución e da interpretación) e a Fundación Plácido Castro, así como da colaboración de diversas institucións, como o Concello de Cambados e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Achegamos o programa completo no seguinte enlace:

I-Seminario-Placido-Castro_Programa