Brincadeiras poéticas

Brincadeiras poéticas

Brincadeiras poéticas

LibroPOESIApcLibroPOESIApc

  • Edita: Fundación Plácido Castro
  • Tirada: 500 exemplares
  • Deseño gráfico e maquetación: Pepe Carreiro
  • Imprime: Tórculo

Este libro reúne diversos poemas íntimos de Plácido Castro, quen sen querer recoñecerse como poeta sempre considerou a poesía a maior das artes. A rigorosa contextualización da obra por parte de María do Cebreiro Rábade Villar axuda a entender o significado último desa exploración poética do noso autor. A fundación agradece aos ilustradores e ilustradoras que de maneira cómplice se aviñeron a colaborar nesta proposta de edición achegando as súas orixinais contribucións artísticas a partir dun poema concreto facilitado pola coordinación desta edición, que correu da man de Jacobo Domínguez e Xulio Ríos. Ao igual que acontece coa obra xornalística, de ensaio, tradutora, acuarelista, etc., esta dimensión poética de Plácido Castro infórmanos desa excelencia humanística que marcou, de principio a fin, a súa vida.

Arquivos anexos a descargar: