Plácido Castro. Nós mesmos no mundo

Plácido Castro. Nós mesmos no mundo

Plácido Castro. Nós mesmos no mundo

Por Susi Castro e Xulio Ríos

Edita: Fundación Plácido Castro
Sede oficial e Arquivo Permanente:
Rúa Nova, 4, 36630 Cambados (Pontevedra)
Deseño e diagramación: BREO.gal
Revisión lingüística: Ánxelo Gonzalves Vicente
Impresión: Tórculo Comunicación
Tiraxe: 2.000 exemplares
Depósito Legal: PO-558-2022
ISBN: 978-84-09-43968-3

196 páxinas

 


En 2022 cúmprense 120 anos do nacemento de Plácido Castro e tamén 25 anos da publicación dunha primeira biografía súa. É este un dobre motivo abondo para alentar un sintético e reflexivo inventario das achegas que nestes cinco pasados lustros se foron efectuando á súa figura dende diversos eidos.

A cada paso, motivando a diversos autores, fomos redescubrindo ao noso autor de xeito que, colectivamente, fomos quen de propiciar un salto cualitativo na comprensión da súa figura e moi particularmente da súa significación no cosmos galeguista. É esta que presentamos unha obra, por tanto, que suma perspectivas, criterios e visións que axudan en conxunto a gañar altura arredor de Plácido Castro e interpretar axeitadamente a súa relevancia e achegas. En perspectiva, se algunha conclusión resulta de todo ese empeño común é a unánime convicción de nos atopar ante unha personalidade singular en moitos planos e que cómpre reivindicar en maior medida.

Esta é, polo mesmo, unha biografía, sobre todo, interpretativa, que foxe da mera enumeración descritiva das peripecias vitais para se comprometer coa análise do discurso, as claves do seu ideario, as múltiples facetas da súa personalidade e as accións que revelan o compromiso do noso autor.

Por iso, con esta obra, sen mingua de contribuír a clarexar os trazos esenciais da súa biografía, das súas principais aspiracións vitais, quérese, sobre todo, explicitar os vimbios que conforman a súa concepción de Galicia e do galeguismo, do noso lugar no mundo. E tamén, claro está, evidenciar os seus ideais e aquelas vocacións principais que modelaron de principio a fin a súa traxectoria.

Son estes, precisamente, os aspectos que argumentan a débeda que a nosa Terra ten aínda por saldar con Plácido Castro.

Susi Castro e Xulio Ríos

 


Formulario de envío dun exemplar de "Plácido Castro. Nós mesmos no mundo"

En cumprimento do estabrecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO informa aos seus usuarios de que cantos datos persoais lle faciliten será incluidos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade da FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO. A finalidade de dito ficheiro é enviar información no futuro sobre a actividade da FUNDACIÓN que poidan resultar de interese. FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO garante a seguridade e confidencialidade dos datos facilitados. Deste modo, comprométese ao cumprimento da súa obriga de secreto dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou uso non autorizado. Polo tanto, toda a información sobre os usuarios non será utilizada con propósitos comerciais nin será cedida a terceiros. Os/as usuarios/as poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándollo por escrito ao noso enderezo de correo electrónico.

Arquivos anexos a descargar: