Xulio Ríos (selección e prólogo), Edicións do Castro, A Coruña, 2002, 140 páx.
Plácido Castro é un dos galegos na Historia, nesa Historia que se nos nega e na que homes e mulleres como el aínda permanecen silenciados. A lingua galega, prohibida despois de 1939, escoitábase en Galicia ó sintonizar a emisora británica BBC; era a voz e a palabra de Plácido Castro que relataba a nosa cultura propia no primeiro programa estable en idioma galego no mundo da radiodifusión (da biografía de Plácido Castro, por Xulio Ríos).