O catálogo que leva por nome “Plácido R. Castro, Unha Galicia soñada (Obra plástica)” recolle nas máis de 200 páxinas que o forman unha rigorosa e completa compilación da obra plástica que ao longo do seu periplo vital foi elaborando Plácido Castro.
Ademais das numerosas ilustracións de grande calidade, conta con textos de Xulio Ríos, sobre a vida, obra e pensamento de Plácido Castro, e de Carlos L. Bernárdez, sobre a obra plástica e o contexto no que foi creada. As acuarelas ilustran as paisaxes da súa vida, dende o seu Corcubión natal, pasando por Muxía e a Costa da Morte, Vigo ou Cambados, e os seus debuxos amosan unha especial sensibilidade pola nosa cultura mariñeira, o que lles engade un singular valor etnográfico. É de destacar que boa parte das obras aquí contidas mantíñanse inéditas ate agora. Polo tanto estamos diante dunha obra de extraordinario valor cunha moi coidada edición.
Catálogo
- Textos: Xulio Ríos Paredes, Carlos López Bernárdez
- Coordinación: Vicente Caramés Moreira
- Coordinación editorial: Cristian Lorenzo Salgueiro
- Deseño e maquetaxe: Teófilo Comunicación www.teofilocomunicacion.com
- Edita: Museo do Mar de Galicia
- Traducion e revisión lingüistica: Teófilo Comunicación
- Créditos fotográficos: Arquivo A memoria do Mar do Museo do Mar de Galicia, Vítor Vaqueiro Foxo, Arquivo Fundación Plácido Castro
- ISBN: 978-84-09-68172-3
- D.L.: VG 746-2024
Exposición
- Promoción e Xestión: Marta Lucio Gómez, Fundación Museo do Mar de Galicia
- Dirección técnica e Comisariado: Vicente Caramés Moreira
- Reprodución fotográfica: Vicente Caramés Moreira, Cristian Lorenzo Salgueiro
- Coordinación: Vicente Caramés Moreira, Aroa Vargas Rial
- Documentación: Vicente Caramés Moreira
- Administración: Carolina Caamaño Estévez
- Deseño: Vicente Caramés Moreira, Marta Lucio Gómez, Cristian Lorenzo Salgueiro
- Execución da montaxe: Jose Ángel Acuña Farto, Diego Fernández Rivas
- Rotulación: Rótulos Xeve
- Agradecementos: Susi Castro Sineiro, Carmen Castro Sineiro, Vitor Vaqueiro Foxo, Antonio Chaves Cuiña, Xaquín Chaves López, Jacobo Domínguez Pedreira, Cristina Lede Castro