Cúmprense en 2016, 70 anos do certame literario que a Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires convocou para conmemorar o seu 25 aniversario. Daquela, foi premiada unha escolma poética de traducións realizadas por Plácido Castro, Lois Tobío e Delgado Gurriarán.
Con tal motivo, a Fundación Plácido Castro vén de publicar un facsímil coas traducións do corcubionés. Un total de dez autores e 24 poemas que dan viva fe da sensibilidade e competencia do noso autor.
A edición ábrese cun fragmento do limiar da introdución que Lois Tobío fixo para a edición (1949): “A vos de Galicia tem que se ouvir no mundo e as do mundo en Galicia”.