XIX Conferencia Anual Plácido Castro

XIX Conferencia Anual Plácido Castro

XIX Conferencia Anual Plácido Castro

Plácido Castro e o universalismo galeguista por Xulio Ríos

As Neves, 25 de xaneiro de 2018

Presentación

Quixera agradecer, en nome propio e da institución que represento, á Fundación Plácido Castro a elección do municipio de As Neves para celebrar esta XIXª Conferencia Anual que pretende reivindicar a figura deste insigne galeguista. Sei tamén que a elección obedece a unha expresión de solidariedade co noso municipio trala dramática vaga de lumes de hai uns meses, circunstancia que igualmente agradecemos. Somos sabedores da sensibilidade de Plácido Castro a propósito da protección e defensa do noso patrimonio natural e da nosa paisaxe como un dos atributos característicos da identidade galega.

O tema desta conferencia refírese a un aspecto pouco coñecido da nosa historia recente. Ao se cumpriren 85 anos da participación galega no Congreso de Nacionalidades Europeas, é obrigado virar a mirada para o papel de Plácido Castro e destacar a importancia de estarmos no mundo. Se con Plácido Castro temos aínda unha débeda de gratitude tamén a temos con aquela súa xeración que deu pasos fundamentais nunha época mais complicada aínda que a actual para situar a nosa Terra no concerto das nacións.
Xulio Ríos, quen hoxe nos acompaña, biógrafo de Plácido Castro, xa abordou esta cuestión nun libro editado en 1992 pola editorial Galaxia que leva por titulo Galicia e a Sociedade das Nacións, e poderá ilustrarnos sobre os pormenores e circunstancias que rodearon aquel transcendental evento.

Ogallá que esta conferencia de hoxe sirva tamén para coñecer máis a interesante figura de Plácido Castro e contribuír ao seu recoñecemento público que, sen dúbida, tanto merece.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde Concello de As Neves

 

Arquivos anexos a descargar: