Irlanda venceu na súa loita contra Inglaterra non tanto pola violencia –que por desgraza tivo que empregar- como porque o pobo expresou claramente o seu desexo de independencia, ano tras ano. Non debemos esquecer canto contribuíu o amor á antiga cultura nacional a estimular e acender o patriotismo irlandés e a darlle unha base firme ao sentimento de nacionalidade.