1930/10/08 > Abellas de ouro. Libro do heroísmo aldeán

1930/10/08 > Abellas de ouro. Libro do heroísmo aldeán


‘Abellas de ouro. Libro del heroísmoaldeano’. El Pueblo Gallego, mércores, 8 de outubro de 1930.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


José Lesta Meis, que xa nos dera en ‘Estebo’unha excelente mostra do seu íntimo coñecemento da vida da súa aldea, prosegue o estudio domesmo tema no seu recente libro Abellas de ouro –publicado pola editorial Nós–, cun admirable prólogode A. Vilar Ponte e unha certeira caricatura de Cebreiro.

Agora nos ofrece Lesta Meis un feixe de vidasindividuais, que en conxunto nos revelan tan plenamente como puidera facelo unha novela, a existencia cotiáda aldea de Eirís. Desfilan polas páxinas do libro coma se paseasen ante nós pola corredoirada súa aldea estes paisanos, tan semellantes superficialmente, tan vulgares para algúns, pero tanfondamente interesantes cando os vemos cos ollos do autor de Abellas de ouro, coñecedor de cada momentoda súa vida diaria. Lesta fálanos deles con sinxeleza, sen buscar efectismos literarios, como seeles mesmos nos estivesen relatando a súa vida. Non presenta xamais ó paisano como ese ser pintorescoque a algúns escritores se lles antolla excelente tema para un libro. Non recorre nunca ó chistefácil a expensas súas que serviu para fabricar tanta literatura chamada ‘enxebre’. O autor ve sempreós seus personaxes cun sentimento de dor, piedade, comprensión. E non se propuxo tan só facerunha obra literaria. ‘Este libro’, dinos, ‘foi feito coa ilusión de arrecadar simpatías pros nososaldeáns’. En toda a literatura galega que ten algunha significación latexa unha arela de liberacióndo paisano e da terra. Esta compaixón polo aldeán, este desexo de liberalo das súas escravitudesé a inspiración de todo o libro de Lesta Meis.

A sinxela claridade de ‘Abellas de ouro’, o seusinxelo realismo, son o que mellor convén ó tema, o que vai creando nas súas páxinaso ambiente pausado de sereno esforzo que é o ambiente mesmo dos nosos aldeáns. A visión deLesta ten o inestimable valor da realidade aldeá, vista por un que a coñece como poucos, que a viviuel mesmo –esa realidade tan complexa, tan chea de posibilidades que xamais se pode esgotar nin coñecer entódolos seus aspectos. Gracias a esta veracidade, ten a obra de Lesta Meis un valor perdurable. E non precisao autor recorrer a exclamacións ou diatribas para realiza-lo fin social que se propuxo. Bastáballerelatarnos con detallada veracidade a tarefa diaria da muller que ten ó marido a traballar na cidade –amuller que ten que labra-las terras, face-los labores da casa, coidar dos fillos…Na aldea sempre queda traballopor facer. Os paisanos miden o tempo polo sol, pero o sol sempre se oculta demasiado cedo para que poidan rematartódolos seus labores. E a noite trae o descanso ós corpos rendidos que han de erguerse aíndacoa noite para recomeza-la loita. ‘Non hai máis remedio que ir tirando ÍNTERIN un poida’. Velaía síntese da vida aldeá, a frase tantas veces repetida ante a inacabable monotonía do presentee do porvir.

Outra frase reveladora repítese con frecuencianeste libro. Ó falar dos anos que ten unha persoa, case sempre ‘parece que ten moitos máis’. O rudolabor dos aldeáns failles envellecer cedo. Son vellos durante moitos anos. Pero teñen que seguirloitando coa terra e coa vida coma se fosen novos. Uns ven como recomeza a loita dos seus netos; outros sós,abandonados, non atopan repouso ata que chega a morte. Estes vellos son os tipos preferidos por Lesta, porque nosseus corpos e nas súas almas deixou a súa máis fonda pegada unha vida de inacabables esforzos.Son a historia vivente de moitos anos da pobre existencia aldeá. E tamén as mulleres as que ‘atendenó de casa e máis ó de fóra’; ocupan case tódalas páxinas de ‘Abellasde ouro’, precisamente por ser elas quen CANDO AMASA PARECE LOITAR COA MASA CON TODA A SÚA FORZA NOVA(=xoven)ATA VENCELA…????

Os que coñecemos a Lesta Meis non podemospensar só no libro cando lemos Abellas de ouro. Algúns poden crer que esas bromas súas a expensas’do ril’ son unha cousa forzada ou artificiosa. Pero nós sabemos que Lesta non se refuxiou no sarcasmo ena acedume, nin sequera no humorismo, para esquecer os seus padecementos. O seu carácter ante o sufrimentoé algo moi semellante ó ton do seu libro. Ten a mesma serenidade dos nosos paisanos, que algúnsequivocadamente toman por resignación. A resignación é o cansazo do que desespera; a serenidadeé a confianza do que espera. Unha das maiores esperanzas de Lesta Meis, felizmente realizada, era ver impresoAbellas de ouro. Esperemos que o éxito sexa o que corresponde ós méritos do libro e do xenuínoheroísmo dun escritor que sabe esquecer os sufrimentos propios para sumirse na compaixón polos paisanosda aldea en que naceu e da que nunca quixo apartarse espiritualmente. Para Lesta Meis, a propia dor –ben se aprecianas páxinas de Abellas de ouro– non foi senón un lazo de unión cos sufrimentos alleos.

P. R. Castro.