1931/02/15 > Dous casos exemplares

1931/02/15 > Dous casos exemplares


‘Dos casos ejemplares’. El Pueblo Gallego,domingo, 15 de febreiro de 1931.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Dous recentes sucesos revelan de maneira tan interesantealgúns aspectos da vida inglesa que, aínda que non sexan en si de gran importancia, merecen un comentariotanto como pode facelo calquera acontecemento de significación nacional. Un deles demóstranos calé o concepto que teñen as autoridades navais da disciplina e da organización armada. O outrodescúbrenos o nivel de moralidade que o pobo británico esixe de quen intervén na súavida pública. Ambos tan distantes das realidades máis próximas a nós que case nos parecenfeitos acaecidos nun remoto planeta…

Hai unhas semanas sublevouse parte da tripulacióndo barco de guerra ‘Lucía’, como protesta por quererlles obrigar a traballar en domingo, o que suprimiua acostumada licencia, para que o buque puidese tomar parte nas próximas manobras do Atlántico. Ossublevados negáronse a traballar e encerráronse ata que se lles intimou para renderse, o que fixeronsen opoñer ningunha resistencia. Uns días máis tarde un Consello de guerra condenábaosa varias penas, segundo a responsabilidade de cada un, das cales a máis severa foi de seis meses de traballosforzados.

‘Síntoma grave da descomposicióndo poderío británico’ –pensarían algúns inimigos de Inglaterra. ‘Penas excesivamenteleves para un delicto tan serio’ –dirían outras persoas de espírito militarista. Pero os gobernantesingleses souberon converter este desagradable incidente en algo que vén a realzar, e non a diminuíro prestixio da súa patria. Lonxe de considerar leve o castigo imposto reducírono á terceiraparte do que ordenara o Consello de guerra. E ademais, xulgando que se uns mariñeiros ingleses adoptarona inusitada actitude de sublevarse, algunhas razóns terían, non se contentaron con achacarllo todo,como fan outros Gobernos, a elementos estraños, ós eternos e impalpables axentes comunistas. Procederona investigar inmediatamente a conducta dos oficiais do ‘Lucía’. Merecen citarse os parágrafos docomunicado publicado polo Almirantado no que ‘considera que as condicións de benestar e de simpatíaentre oficiais e mariñeiros, habituais nos barcos de guerra británicos […] distaban moito de serunha realidade no ‘Lucía’ […] e que isto se debía en parte á falta de tacto e de consideraciónpor parte do capitán e dalgúns oficiais’… E ese capitán e eses oficiais pasaron inmediatamenteá reserva. Non serven para a mariña británica porque os seus xefes estiman que o armamentoe a disciplina non abondan para asegura-la eficiencia dunha flota. Fan falta ademais o benestar, a simpatía,a consideración…Actitude ben digna de notarse no Almirantado dunha potencia naval formidable dun paísconquistador e imperial, non cal sería bastante explicable un exceso de disciplinarismo e de intransixenciamilitarista. Quizais a estas razóns, tanto como á súa potencia material, se deba que as forzasda Gran Bretaña saíran victoriosas de case tódalas súas empresas…

Pasemos ó segundo dos citados sucesos.

Recentemente un deputado laborista presentou inesperadamentea dimisión. Poucos días máis tarde comparecía ante un tribunal de policía deLondres para responder a unha acusación que, no seu caso, era sumamente grave. Os deputados ingleses recibenun talonario de cupóns ferroviarios, a cambio dos cales se lles entregan os billetes que precisen para viaxarentre Londres e o distrito que representan, billetes que son persoais e intransferibles. Mais este deputado untanto apurado economicamente, empregou dous dos cupóns para adquirir billetes para a súa muller ea súa filla. É dicir, que defraudou ó Tesouro cunha suma que non chegaría a duascentaspesetas. Unha multa, unha severas palabras do maxistrado –que xulgou vergonzoso que un deputado se vise mesturadoen tal asunto– e a dimisión inmediata, foron as consecuencias da falta cometida. E pode dicirse que a vidapolítica do citado deputado rematou para sempre. Francia persegue con admirable enerxía a certospolíticos ós que se acusa de complicidade en grandes negocios fraudulentos. Inglaterra pásesea investigar ata as minucias da conducta dos seus políticos e elimina ó deputado que fai uso indebidodun billete de ferrocarril –¿Verdade que este suceso, e tamén o comentado anteriormente, deben antollárselleó lector español feitos tan distantes do coñecido que case non parecen terrais?–. E que osingleses estiman que a xustiza ha de ser igual para todos, oficiais e mariñeiros, cidadáns e lexisladorese, se cabe, máis severa que con ninguén cos homes públicos que infrinxen, por levemente quesexa, os preceptos legais que eles mesmos crearon. E os amigos de Inglaterra –¿Non abondan incidentes comoestes para xustifica-la nosa anglofilia?– pensamos que, por graves que sexan as crises que atravese, un paísque ten un concepto tan admirable da xustiza posúe unha base indestructible de grandeza que non poderándestruír ningunhas adversidades pasaxeiras.

P. R. Castro.