‘Nacionalismo universalista’. El PuebloGallego, xoves, 29 de outubro de 1931.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
Hai uns días lin con gran satisfacción,seguramente compartida por tódolos galeguistas, que o Seminario de Estudos Galegos acordou encargar da explicacióndun curso de filoloxía a un eminente profesor do Romanesche Seminar de Berlín, co obxecto de preparardebidamente ós membros do Seminario que _________________________ emprender os estudios de filoloxíagalega, tan esenciais nestes momentos.
Aínda que pareza incrible, unha iniciativatan loable serviu de pretexto a un diario que entre outras cousas se titula de rexionalista e que desapiadadamentese publica en Galicia para atacar ós galeguistas por solicita-lo auxilio dun profesor alemán, dandoa entender que será o citado profesor, e non os seus alumnos, o que realizará o labor de unificare organizar cientificamente a lingua galega.
Non me refiro a este incidente co obxecto de facerunha defensa do Seminario de Estudos Galegos, que é completamente innecesaria. Aínda que non seráinoportuno lembrar que no caso dun país tan nacionalista como Holanda, foron sabios alemáns os queiniciaron o estudio científico do idioma salélico e da súa literatura, obra na cal o profesoralemán Kuno Meyer foi un dos máis eficaces e activos colaboradores en época recente, sen quepor iso se suscitasen xamais as protestas dos nacionalistas irlandeses máis exaltados.
E pode tamén sinalarse, referíndonosa outras actividades, que Irlanda, xa libre e independente, encarga ós técnicos alemáns arealización do ‘Shaunon Scheine’, o grande proxecto de electrificación que axiña colocaráa Irlanda, neste aspecto, á cabeza de tódalas nacións.
O interesante é aproveita-la ocasiónque nos ofrecen os universitarios para resaltar unha vez máis o feito de que os posuidores en Galicia dunespírito xenuinamente internacional, universalista, libre de supersticións patrióticas, sonprecisamente os galegos. Eles son os que viaxaron por Europa, os que trouxeron a Galicia ideas novas, máisamplas que as da España dos unitarios. Manteñen constante relación coas instituciónsculturais doutras nacións e gracias a eles e ó labor do Seminario de Estudos Galegos empézasea saber fóra de España que Galicia posúe unha cultura e unha personalidade propias. Agoradesexan que sabios europeos de renome internacional colaboren no renacemento espiritual da súa terra, colaboraciónque sería moito máis extensa se os medios económicos o permitisen. Pero os unitarios, os partidariosda patria grande, os que proclaman constantemente que a autonomía é reaccionaria porque nos illaríado mundo, son os que queren excluír de Galicia todo o que veña de máis alá das fronteirasde España. Descobren con frecuencia ‘sabios’ locais, rexionais, ou nacionais, sabios falsificados que logoresultan descoñecidos fóra da súa propia terra. Mais se se trata de sabios estranxeiros, querenestablecer fronteiras ata para a filoloxía…
Xulgue, pois, cada cal quén é overdadeiro separatista; se o unitario, opinión representada polo comentario aludido, o unitario que nosmantería eternamente moi ligados a España pero apartados por completo de resto do mundo, ou o nacionalistagalego, do que é fiel reflexo da súa posición espiritual o acordo do Seminario de EstudosGalegos, que demostra a perfecta compatibilidade do universalismo co noso nacionalismo, tan alleo ó propósitode levantar fronteiras contra todo o estranxeiro.
P. R. Castro.