1931/11/07 > Ensinanzas irlandesas. O centralismo desmoralizador

1931/11/07 > Ensinanzas irlandesas. O centralismo desmoralizador


‘Enseñanzas irlandesas. El centralismodesmoralizador’. El Pueblo Gallego, sábado, 7 de novembro de 1931.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


A campaña que se realiza contra a autonomíade Galicia ten algo do carácter mesquiño da murmuración. Non se emprega o argumento aceptable,e mesmo nobre, do sentimento español. Non se discuten ou censuran artigos concretos do Estatuto, nin secombate con razóns o principio autonómico. Polo contrario, descéndese ata o CRISTE/ERISTE/ciste,discútense minucias, aspectos secundarios, perdendo de vista a autonomía e o recoñecementoda súa personalidade.

Acabo de ler nun xornal publicado en Galicia unartigo que revela esta mentalidade dos adversarios da autonomía. Nel aconséllase ós nacionalistasgalegos que estudien o exemplo de ‘tristes ensinanzas’ que lles ofrece o Estado Libre de Irlanda, o cal despoisde loitar pola súa independencia vaise oprimindo por un lei de Seguridade Pública que anula algúnsdos dereitos democráticos dos cidadáns. O cal indica, segundo o articulista, que o Estado Irlandéspode ser libre pero que o pobo é escravo, e que Irlanda resultou prexudicada polo feito de consegui-la súaindependencia…

Non acerto a ver moi claramente a relaciónque todo isto poida ter co Estatuto, pero como o obxecto do artigo é combate-la nosa autonomía interésamedemostrar que tal interpretación dos feitos é inexacta e que o caso de Irlanda ten un carácterespecial que explica a situación do país nos momentos actuais.

Irlanda conseguiu a súa liberdade despoisdunha loita sen igual na historia. Virtualmente sostivo contra Inglaterra unha guerra que durou sete séculos.Setecentos anos de batallas, rebelións, traizóns, asasinatos, incendios, boicots…Desde 1916 ata1921 a loita foi máis activa, máis sanguenta, os odios terribles e implacables. A xuventude irlandesaformou guerrillas e exércitos. O pistoleiro foi durante eses anos o heroe e o árbitro de Irlanda.Como consecuencia de todo isto o Goberno atopou en 1921 un país desmoralizado, anarquizado, e conste quea culpa non corresponde a Irlanda senón ó país que a oprimiu. Pero a situación moraldo país agravouse aínda máis. De Valera e os seus partidarios sostiveron a guerra civil ata1923 e tardaron varios anos en recoñecer ó Goberno e participar no labor parlamentario. Houbo novasbatallas e incendios, asasinatos de políticos e fusilamentos de antigos compañeiros. E unha minoríairreductible de republicanos separatistas, o ‘Exército Republicano Irlandés’, mantívose enrebeldía, negouse a recoñece-la existencia do Estado Libre, seguiu realizando exercicios militarespara o que dispuña de considerables depósitos de municións que sobraran da guerra contra Inglaterra.

Agora, ó adquirir nova virulencia a campañaterrorista, ó rexistrarse de novo asasinatos de policías e de testemuñas que declararan ascausas seguidas por posesión de armas ou por exercicios militares ilegais, decidiu o Goberno solicitar doParlamento os poderes excepcionais que lle concede a nova lei, poderes concedidos pola Cámara e que elapode revogar co obxecto de defender ás institucións e ó Estado mesmo das ameazas dunha conspiraciónterrorista. Isto é algo completamente distinto dunha dictadura. É precisamente o procedemento queseguiu o Goberno da República española, sen que por esa razón se atreva ninguén a afirmarque España non mereza ser independente. O presidente Cosgrave logrou que o Parlamento irlandés votasea citada lei e de non conseguilo estaba disposto a disolve-la Cámara e a someterse á vontade do pobo.

¿Pódense cualificar de dictatoriaissemellantes procedementos?¿É sorprendente que unha nación, despois de sete séculosde guerra civil e de anarquía, non conseguira a pacificación absoluta en dez anos de independencia?Só descoñecendo a historia de Irlanda, ou terxiversando a realidade, pódense interpretar estesfeitos nun sentido contrario ó nacionalismo. As grandes nacións tiveron que apelar con tanta frecuenciacomo as pequenas a leis especiais para a protección do Estado. A forma en que Irlanda fai fronte a esteproblema –moito máis aceptable que a adoptada por Primo de Rivera ou por Mussolini– revela precisamentea capacidade do Estado Libre para resolve-las crises máis graves, capacidade que xa demostrara plenamenteo Goberno irlandés cun labor tan admirable que Irlanda goza hoxe dunha prosperidade que lle envexa a propiaInglaterra e que xamais alcanzou mentres estivo sometida a un Goberno estranxeiro. Aínda que se derrubasetotalmente a economía inglesa, Irlanda podería sobrevivir gracias á súa independencia.E esta si que é unha ensinanza valiosa para Galicia nos actuais momentos.

Se realmente imos os galegos aprender as ensinanzasda historia irlandesa, fixémonos nas seguintes. Observemos en primeiro lugar que os ideais nacionalistasteñen unha forza tal que sempre acaban por triunfar, aínda que a loita sexa dolorosa e longa. E notemoslogo que a influencia dun Goberno estraño é tan nefasta, tan desmoralizadora, que unha nación,aínda despois de logra-la súa independencia, tarda moitos anos en reconquista-la tranquilidade, enreface-la súa cultura e a súa vida propia, en librarse das consecuencias do sometemento ou da rebeldíacontra a opresión.

En Irlanda a dominación inglesa produciuo espírito anárquico que aínda non puido ser eliminado totalmente do país. En Galiciao centralismo causou estragos tal vez máis fondos e difíciles de remediar. Aínda que parezaun paradoxo, a mesma oposición ó Estatuto, o seu carácter mesquiño, a mentalidade deescravos voluntarios que se revela en quen combate a autonomía, é unha proba máis do lamentableestado ó que chegou Galicia baixo o réxime unitario. O feito de que algúns dos seus propiosfillos neguen a Galicia a posibilidade de ser libre, circunstancia de que chegasen a un grao tal de indiferenciaque non sintan xa a máis mínima emoción galega –porque se trata de indiferencia, non de patriotismoespañol– constitúe a máis rotunda condenación do centralismo que é posible imaxinar.E eu, persoalmente, prefiro o entusiasmo apaixonado dos rebeldes irlandeses á indiferencia murmuradora dosgalegos desgaleguizados.

P. R. Castro.