‘Optimismo nacionalista’. El PuebloGallego, sábado, 5 de decembro de 1931.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
Aínda os máis dispostos a ver con simpatíae tolerancia á nova España republicana, temos que recoñecer que non se operou na mentalidadepolítica e na vida cidadá da nación aquela fonda transformación que esperabamos comoresultado do cambio de réxime. Pasado o momento de intensa emoción popular que coincidiu coa implantaciónda República, apagáronse os entusiasmos das masas e os fervores ideolóxicos. E hoxe observamoscon tristeza que nos vemos ameazados por un sistema moi semellante á ‘vella política’ un sistemade oligarquías e indiferencia cidadá, coa inevitable consecuencia da persistencia do caciquismo.O ambiente político dános a impresión de que a mentalidade española segue sendo a mesma.Non hai espírito de colaboración: subsiste un individualismo que non provén dun plausibleamor á liberdade individual, senón da intransixencia, da hostilidade, da desconfianza, tras da calse amuralla cada cidadán. Un momento de unión para derrubar un réxime opresor e envilecidonon xustifica a afirmación de que en España naceu un novo espírito de solidariedade, xa queaquela unión obedeceu máis ben a un pulo destructor que a unha idea constructiva. España seguepois, ó meu entender, sen unha idea fundamental, creadora de solidariedade, é dicir sen patriotismoespañol. Só existen, cando máis, solidariedades de intereses ou de clases. E isto non obedeceós desacertos do Goberno da República, que realizou unha obra merecedora de aplauso. As causas sonmoito maís fondas e é preciso buscalas na estructura mesma do Estado, no feito de que o Estado oficialnon coincide cos patriotismos sentimentais que senten grande parte dos habitantes da nación.
Ós que somos nacionalistas non nos sorprendetodo isto, porque xamais cremos na posibilidade da existencia dun patriotismo español. Desde o momento enque advertimos que a República abandonaba os principios federalistas, que propugnaron os seus xefes durantea propaganda antimonárquica, comezamos a desconfiar da rexeneración cívica de España.E vén a confirma-la nosa tese a circunstancia de que a única emoción nobre e fonda que hoxeexiste en España é a emoción nacionalista de Cataluña. ¿Pode alguén afirmarque vibre actualmente na nación algún sentimento español comparable en intensidade e en potencialidadecreadora ó patriotismo catalán? Un Goberno español verdadeiramente intelixente aprenderíaa ensinanza que ofrece Cataluña e, en ben de España, faría todo o posible por alenta-los sentimentosnacionalistas ou autonomistas das rexións.
Se nos limitamos a considera-lo caso de Galicia,observaremos un fenómeno paralelo. Aínda que, por desgracia, non poidamos compara-la forza do nosonacionalismo á do catalán, notaremos, sen embargo, que a única organización que sepreocupa con entusiasmo dos problemas galegos, da futura estructuración da nosa terra, das súas aspiraciónsculturais e espirituais, é a nacionalista. Só nela se nota a existencia dunha emoción galega.Ningún sector político, salvo o nacionalista, considera a Galicia como algo máis ca un campode manobras políticas ou de futuros triunfos electorais. Precisamente por iso, porque leva en si unha esencianobre e elevada, pódese confiar en que ó fin vencerá, como adoita acontecer con tódalascausas nobres.
Pero temos outro motivo para sentirnos optimistas.A Monarquía e o centralismo deixaron a Galicia, como a España, apática, indiferente, semianalfabeta.E, aínda que pareza estraño, isto favorece en certo modo a Galicia e ó galeguismo. Porque,se ben debemos recoñecer que non hai un ambiente nacionalista, activo e consciente, na maioría dopobo principalmente porque non se realizou unha ampla campaña neste sentido é igualmente certoque non existe tampouco un ambiente españolista. Proba disto é o feito de que aínda os mesmosgalegos castelanizados que combaten a autonomía fano sempre empequenecendo e desprestixiando a Galicia,non enaltecendo a España. A Monarquía ó manter a Galicia no analfabetismo, ó tratala,en tódalas ordes, como un pobo inferior, como unha colonia, fíxolle o enorme favor de non españolizalasalvo superficialmente, de non substituír o sentimento galego do pobo por un sentimento español.E agora, a medida que o pobo vaia adquirindo instrucción e cultura cívica, espertará co seugaleguismo case intacto como acontece cos galegos que emigran a América e que alí empezan a sentirconscientemente a emoción galega que xa levaban latente na súa alma. A esta nova opinión galegaabondaralle atopar un grupo de nacionalistas arredor do cal poida agruparse para facer do nacionalismo, unha vezrealizada a unión do galeguismo latente co galeguismo consciente, a máis potente forza políticada nosa terra.
O dilema actual de Galicia é ou galeguismoou morte. Porque sería morte de Galicia seguir sendo un país sen emoción propia, un paísde imitadores, de europeos de segunda man, unha terra habitada por persoas con esa mentalidade colonial, verdadeiramenteaterradora, que revelan os que din con satisfacción que en Galicia ‘non hai ambiente autonomista’. E osque non podemos crer na morte de Galicia enfrontándonos cos ‘españolistas’ que son os verdadeirosseparatistas, porque nos unirían a España, pero nos separarían do mundo e con certos ‘universalistas’que non pasan moitas veces de ser vulgares caciques rurais, temos o dereito a afirmar que a idea nacionalista éa única verdadeiramente creadora e constructiva, e polo tanto avanzada, no máis amplo sentido dapalabra, que na actualidade vibra no ambiente da nosa terra.
P. R. Castro.