‘Justificación del nacionalismo’.El Pueblo Gallego, domingo, 10 de abril de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
O recente movemento galego en defensa do ferrocarrilZamora-Ourense-A Coruña, a parte de calquera aspecto político e de toda consideración técnicaverbo da citada vía, ten un profundo interese desde o punto de vista galeguista. Estimo, coincidindo coaopinión exposta hai poucos días nesta columna por Jesús Bal, que o movemento en si ten moitamáis importancia que a cuestión que o provocou; e creo que os seus efectos perdurarán na nosavisa política aínda despois de resolverse o problema da construcción do ferrocarril.
Porque non pode pasar sen deixar unha fonda pegadana conciencia de Galicia, unha ocasión na que, por primeira vez en tempos recentes, a nosa terra adquiriu,impulsada polos seus propios sentimentos, unha unidade e un sentido de solidariedade que revelaron unha cohesióninsospeitada. Non só se derrubaron as barreiras de clase, senón que algunhas aldeas que non tiñaninterese directo na construcción do ferrocarril, e mesmo varios que podían considerarse prexudicadospola nova vía, sumáronse ó movemento, facendo que este excedese tódolos límitesdo localismo e do provincialismo para adquirir o carácter dun levantamento de Galicia en defensa do queestimaba o seu dereito. Foi un verdadeiro plebiscito, quizais o máis auténtico que se realizou enEspaña, e aqueles que ocupan cargos representativos e non lle prestaron a súa adhesión, deixaronde ser, en esencia, representantes xenuínos da vontade popular.
Ó meu entender, este fenómeno doespertar galego é o máis valioso reforzo e argumento máis irrebatible que recibiron os defensoresda autonomía de Galicia. Porque se a protesta transcendeu os límites locais, isto débese áexistencia dunha conciencia galega, dun sentimento de galeguidade nos habitantes da nosa terra. Algúns homesrepresentativos que militan en partidos ata hoxe opostos a toda forma de descentralización fixeron, conmotivo do referido movemento, declaracións favorables á autonomía. É dicir, que osfeitos os convenceron e espertaron os seu sentimento de patriotismo galego. Por outra parte, o simpáticoe emocionante xesto dos habitantes de Sanabria, que se sentiron orgullosos e enaltecidos baixo a bandeira de Galiciae que transportaron cara a Zamora os límites da súa provincia desafiando a toda a burocracia madrileña,demostra plenamente que Galicia é algo máis ca unha división xeográfica, que ten oselementos sentimentais necesarios, ademais dos materiais, para ser unha nación, sexa cal sexa o nome queoficialmente se lle atribúe.
Sen embargo, os que queren a todo transo buscarargumentos para combater o galeguismo, afirman que esta solidariedade de Galicia só se conseguiu por motivoseconómicos, o que dá a entender que tódolos demais aspectos do ideario galeguista son ineficacese non interesan a ninguén. Mais eu atrévome a afirmar que se consideramos tódolos aspectosdo movemento en defensa do ferrocarril, teremos que recoñecer que a súa extensión e a súaimportancia foron debidas á existencia dunha forte emoción galega latente nuns, consciente noutros.A protesta foi transcendental e foi eficaz porque os galegos se sentiron galegos antes que españois. E asísucedeu, non só queda plenamente xustificada a tese nacionalista , senón que se demostra o valorde todo o labor do galeguismo na súa pasada actuación, aínda nas súas fases máisrománticas e líricas, que a moitos se lle antollaban un mero xogo inútil e sen aplicaciónpráctica. Sen o labor do nacionalismo galego Galicia seguiría tan insensible coma antes e teríaque soportar con resignación o despoxo de que querían facela víctima. Pero desde agora Galiciasabe que existe e Madrid sábeo tamén.
E non é só na nosa terra onde aconciencia nacional, conservada en tempos difíciles polos nacionalistas, rexorde como un potente factorpolítico. O recente triunfo de De Valera en Irlanda é unha proba máis de que o sentimentopatriótico é máis potente e perdurable que as razóns materiais e económicas.Nun próximo artigo falarei deste feito tan significativo na historia dos movementos nacionalistas.
P. R. Castro.