‘El patriota en su patria’. El PuebloGallego, venres, 27 de maio de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
Só un fino humorista, como Heliófilo,podería facer xustiza ó tema que ofreceu as iradas protestas do doutor Albiñana e dos seusamigos contra o confinamento do Hitler español na aldea de Martilandrán. A circunstancia de que unhome que noutros tempos propugnou a deportación a Guinea de tódolos republicanos españoisé dicir case tódolos habitantes da nación se queixe agora do seu confinamento nunha aldeada península, onde di que se ve obrigado a durmir, ou no chan, entre inmundicias, ou no medio do campo,trato que segundo el non merecen nin os senegaleses; ten, ademais de certa xustiza histórica, unha indubidablecomicidade. E non é menos cómica a actitude dalgúns avogados madrileños que protestancontra o confinamento do líder monárquico en condicións que declaran incompatibles ‘coa hixienee as comodidades que necesita un home do relevo social do doutor Albiñana’.
Mais as protestas fanse en serio, e en serio habémolasconsiderar, xa que non proceden unicamente de elementos irresponsables senón que como o ABC representannestes momentos a mentalidade do patriotismo centralista español. E o citado diario, cunha incomprensiblefalta de tacto, atrévese a dicir: ’Intentouse resucitar o precedente dos peores tempos de Narváez,coas remesas a Guinea, pero son pouco menos que inhumanos os confinamentos a Río de Oro e ás Hurdes’.
¿Que clase de patriotismo españolé este?¿Non é Martilandrán unha aldea de España? E xustamente desa Españapatriótica, sen apetencias desmembradoras da unidade e da soberanía, bastante semellante en espírito,seguramente, a outros pobos con protestas contra o Estatuto catalán que atopan unha acollida tan cariñosanas columnas do ABC. Unha aldea plena de agradecementos ós reis de España, desde Isabel a Católicaata Alfonso xiii, que tanto fixeron polo seu benestar formando padroados, cheos de nomes ilustres, para remedia-losseus males. Unha aldea que non careceu ademais do consolo espiritual subministrado polo venerable cardeal Segura…
O inhumano, o verdadeiro refinamento da crueldadeque censura o ABC, sería confinar ó doutor Albiñana nunha cidade ‘antiespañola’ comoBarcelona, non nunha aldea típica da España monárquica e patriótica. E é sumamenteantipatriótica e antimonárquica a conducta do ABC ó revelarnos que a obra secular da monarquíaconsistiu en deixar que as aldeas seguisen vivindo na inmundicia e a miseria e a barbarie. Porque as aldeas comoMartilandrán e como Castilblanco son exemplos da herdanza recollida pola República da monarquíaespañola, que estendeu os seus dominios ata que neles non se puña o sol, e creou en Madrid unha dasCortes máis fastosas do mundo, pero que cimentaba o seu poderío sobre a ignorancia e a barbarie,xa que un pobo culto e civilizado non toleraría o seu despotismo nin lle permitiría falsea-la democracia.
Agradezamos ó ABC a súa confesiónreveladora dos méritos da monarquía. Aínda que, claro está, cómo ía amonarquía preocuparse do centenar de habitantes de Martilandrán, ‘punto de tormento’, se non eranpersoas de ‘relevo social’…En todo caso debemos aledarnos de que o distinguido e eminente doutor, obrigado aabandonar temporalmente a tarefa de cura-los males do seu confinamento, en meditacións solitarias acercada grandeza da monarquía, que verá reflectida ó seu redor meditacións das que agardamosfroito nun futuro volume procedente da súa ilustre pluma.
P. R. Castro.