1932/06/04 > Falta de oportunidade

1932/06/04 > Falta de oportunidade


‘Falta de oportunidad’. El Pueblo Gallego,sábado, 4 de xuño de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Hai unhas semanas, ó comentar eu nestas columnaso programa do Partido Republicano Galego, dicía que este tiña que demostra-la súa adhesiónsincera á causa galega con feitos concretos, xa que por ter representación no Goberno non podíalimitarse a expresar aspiracións autonomistas como se estivese na oposición. Desde a súa formacióno P.R.G. non deu ningunha mostra do seu autonomismo. E, o que aínda é máis lamentable, candoalgúns dos seus líderes tiveron que opinar recentemente acerca da conveniencia de celebrar en Santiagoa proxectada Asemblea de Concellos, para inicia-lo plebiscito galego, estes destacados xefes do partido declararonque o momento actual para emprender semellante labor.

¿Será inoportuno o momento parao P.R.G.?¿Temerán os seus xefes que o partido resulte menos eficaz do que parece no momento de actuar?¿Ouserá que consideran inoportuna a autonomía agora que son gobernamentais, porque o centralismo seguebeneficiando, coma antes, ós que teñen contacto cos Ministerios madrileños?

Se non se trata de razóns como estas, averdadeira falta de oportunidade foi a do deputado provincial, representante do P.R.G. ‘autónomo e autonomista’,que se opuxo á celebración da Asemblea. Porque cando el afirmaba que o Estatuto de Cataluña’estaba por riba da Constitución do Estado’ –desempeñando na súa esfera o papel de SánchezRoman galego– o xefe do Goberno pronunciaba na Cámara o magnífico discurso, que todos coñecemos,e que supón a máis cordial comprensión do punto de vista catalán. E o recoñecementoda xustiza das reivindicacións de Cataluña. Supoñemos que o citado xestor terá noticiada efusiva felicitación que o señor Azaña recibiu do ministro da Gobernación e agardamosque o fervor autonomista vaia descendendo por tódolos chanzos da xerarquía política ata chegara axitar o espírito dos deputados provinciais pertencentes ó Partido Republicano Galego. Se non sucedeasí vai ser máis práctico afiliarse a Acción Republicana, defensora de tódalasautonomías rexionais…

Inoportuna resulta igualmente a intervenciónque motiva estes comentarios se lembramos que é absolutamente evidente que xamais houbo en Galicia momentomáis favorable para consegui-la autonomía, por unha serie de razóns que viñeron expoñéndosereiteradamente nas páxinas deste xornal. Tampouco volverá haber outro momento na políticanacional como o actual, no que as cuestións autonomistas apaixonan e interesan a toda a opinión públicaespañola. E non se esqueza que se ben a Constitución concede a autonomía ás rexións,estas han de solicitala das Cortes Constituíntes (que teñen unha duración que ninguénpode garantir) e non dun Parlamento ordinario.

O aludido deputado incorre nunha sorprendentecontradicción cando afirma, por unha banda, que ‘Galicia se pronunciou pola autonomía’, para dicirdespois que ‘para pedila non se necesita Asemblea’. Declarar semellante cousa é demostrar un descoñecementoabsoluto do que estipula a Constitución, que require precisamente o asentimento dos Concellos da rexión.Non se explica esta ignorancia nun defensor tan decidido da Constitución…

O mesmo deputado provincial expuxo a opiniónde que a convocatoria da Asemblea de Santiago significará que ‘quedan desautorizadas as Deputaciónsde Galicia’, ¿pero é que nesta cuestión poden estar máis desautorizadas que na actualidade?Pasaron oito meses desde que os parlamentarios entregaron un Estatuto ás Deputacións provinciais,sen que se soubese unha palabra das intencións destas Corporacións, nin se levase a cabo a ‘difusión’e ‘propaganda’, mencionadas polo presidente da Deputación coruñesa. O señor Somoza declarouque aínda non recibira contestación das outras Deputacións acerca da Asemblea de Santiago.Está no mesmo caso que Galicia, que non recibiu ningunha resposta durante os últimos oito meses respectoó seu Estatuto.

Os parlamentarios comprenderían xa o lamentableerro que cometeron ó entrega-lo Estatuto ás Comisións xestoras. Tal como están constituídas,estas non representan a ninguén. Están completamente sometidas á vontade dos gobernadores–e polo tanto do ministerio da Gobernación– que poden formar cos centenares de concelleiros de cada provinciadecenas de comisións distintas, ningunha delas asentada sobre unha base democrática. Estes organismosadministrativos, faltos de significación popular –e que non deberían ter tampouco significaciónpolítica– fracasados no que se refire á autonomía, non teñen xa papel que desempeñarna campaña pro-estatuto. O lamentable é que non se dean de conta do seu fracaso, que aíndase atrevan a opinar sobre a materia. E que tampouco queiran decatarse de que se outros recolleron a bandeira daautonomía, cumprindo un precepto constitucional, quen se opoña ó éxito do seu laborson, de feito, inimigos da autonomía de Galicia.

P. R. Castro.