1932/06/25 > O accidental

1932/06/25 > O accidental


‘Lo accidental’. El Pueblo Gallego,sábado, 25 de xuño de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Don Melquíades Álvarez acaba de expoñe-losideais do partido que dirixe, en varios discursos pronunciados en Galicia. É o señor Álvarezun dos homes máis liberais e democráticos de cantos defenden o unitarismo. E sen embargo a súalinguaxe revela un fondo de reaccionarismo e de antiliberalismo inseparables da mentalidade unitaria. Aíndaque é difícil xulgar un discurso a través dunha recensión, pode afirmarse que D. Melquíadesnon baseou a súa defensa da unidade española sobre feitos e realidades. A súa oposicióná concesión dunha ampla autonomía ás rexións xorde máis ben dunha maneirade pensar que se reflicte na súa alusión ás ‘glorias da patria grande’, á Españagrande ‘grande e respectada como o foi nas épocas do seu esplendor máximo’, á nación’cunha executoria de conquistas de empresas e de ideais’. Afirmou igualmente que a autoridade soberana do Estadoé sagrada e inatacable porque se trata dunha ‘nacionalidade que ten vida de séculos –xa dixera antesen Oviedo que a unidade nacional non pode disolverse por ter ‘a consistencia pétrea das obras da natureza…’

Sen entrar a discutir os méritos ou defectosda pasada grandeza de España, basta estudiar estas frases pronunciadas por un xefe liberal do unitarismopara darse de conta de que os defensores da unidade española non actúan impulsados por un sentimentode unión ou de solidariedade, senón que os anima un afán de hexemonía, unha ansia degrandeza e de autoridade, unha veneración de glorias e conquistas pasadas, unha verdadeira adoracióndas cousas que duraron séculos. É dicir, que o unitarismo ten unha gran afinidade, en canto óssentimentos que o inspiran, co imperialismo.

Se así se expresa un unitario liberal ¿comoserán as ideas dun españolista realmente reaccionario?¡Que contraste entre os sentimentos doSr. Álvarez e os de calquera nacionalista galego, cuns ideais que xorden dun fondo amor á súaterra –por pequena e feble que sexa–, unha terra que xamais se preocupou nin se preocupará de ‘grandezas’,’conquistas’ e ‘autoridade soberana’!¿Cal dos dous representa un maior obstáculo para o reino dapaternidade universal e da paz mundial?

(E posto que de contrastes se trata, obsérveseo que nos ofrece estes días a política alemana. A Baviera autónoma négase a acata-losdecretos dictatoriais do imperialismo hitleriano da grande Prusia militarista, ávida de grandezas. Unhapequena nación fai o posible por defende-la avalancha fascista que ameaza Europa).

Don Melquíades Álvarez segue defendendoa accidentalidade da forma de goberno. Non quero discutir aquí se esta posición é xustificableen España, senón facer resaltar o feito de que o Sr. Álvarez, dun espírito flexiblecando se trata de algo tan discutible como a accidentalidade da forma de goberno, é absolutamente ríxidonas súas opinións acerca da autoridade soberana e sagrada dos estados oficiais. A existencia secularda Monarquía –razón que aducen os monárquicos para defendela– non impediu ó Sr. Álvarezdeclararse republicano. Pero a existencia secular do Estado español é para el un motivo que xustificaa continuación do réxime unitario. E sen embargo, se estudiámo-la historia con ánimoimparcial, veremos que o realmente accidental, o máis variable, é a existencia e a distribucióndos estados oficiais. Non é preciso, para demostralo, que nos remontemos a afastados períodos dahistoria –poderían chamarnos, unha vez máis, reaccionarios–. É suficiente recorda-lo acontecidodurante o século actual.

O século xx comezou cunha guerra, na calunha pequena colonia, África do Sur, logrou que triunfasen os seus ideais de liberdade fronte a todo o poderíodo Imperio británico. Veu despois a separación de Suecia e Dinamarca. Máis tarde as guerrasbalcánicas iniciaron a descomposición final do imperio turco, liberando minorías oprimidase dando orixe a unha nova nación, Albania. A guerra europea fixo varia-las fronteiras da maioríadas nacións europeas e tivo como consecuencia o nacemento de sete nacións, producto da desintegraciónde tres imperios. Irlanda conquistou a súa liberdade despois de sete séculos de loita. E óconverterse o Imperio británico en Comunidade de Nacións, seis dominios transformáronse enverdadeiras nacións libres e soberanas con representación propia na Sociedade das Naciónse con facultades para separárense, cando o desexen, do conxunto de territorios británicos…

¿Pode afirmarse, con estes datos ávista, que os estados seculares, por grandes que sexan as súas glorias pasadas, son ‘sagrados’, ‘inatacables’,’obras da natureza’?¿Non se mostran máis ben fráxiles, artificiais, accidentais?¿Epor que ha de ser España unha excepción?

Os sentimentos nacionalistas das pequenas naciónspoden xulgarse beneficiosos e contraproducentes. E inxustificable, se non se pechan os ollos a tódalas realidades,é a pretensión de que os Estados oficiais, aínda que teñan unha gloriosa existenciasecular, son sagrados e inatacables polo único feito de existir. O eterno, o inmortal, o que persiste através da historia, a pesar de tódalas opresións e persecucións oficiais, éo sentimento autonomista das rexións que ó fin vence porque xorde do único patriotismo fondoe sincero que existe no mundo.

P. R. Castro.