1932/07/24 > Irmandade contra intransixencia

1932/07/24 > Irmandade contra intransixencia


‘Hermandad contra intransigencia’. ElPueblo Gallego, domingo, 24 de xullo de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Un xornal coruñés, dereitista e católico,negouse a inserir nas súas columnas algunhas notas relativas á celebración do Día deGalicia, porque neles facíase alusión á ‘festa civil galega’ e non se falaba do ApóstoloSantiago. Para xustifica-la súa negativa declarou que é lamentable que ‘institucións non oficiais,entidades populares que para atraerse afiliados prometen neutralidade política e relixiosa, se saian tantoda súa misión misión e invadan terreos que non lle corresponden’; afirma ademais que ‘a festade Galicia non pode ter carácter civil’, e anuncia a súa resolta oposición ‘ó lamentableempeño de laicizar unha festa esencialmente relixiosa que conta con moi fondas raíces na alma deGalicia…’

Oposto a todo intransixencia sería eu oúltimo en querer disocia-la data do 25 de xullo do recordo do Apóstolo Santiago. Aínda paraos que non compartan as crenzas católicas acerca do Apóstolo, será a súa historia unhasdas principais fontes do folclore galego, unha das lendas fundamentais da nosa terra, coa súa fonda influenciana historia e no espírito do noso pobo. Ningún galego, nin aínda o máis anticlerical,querería perder esta parte esencial da nosa existencia nacional. E moito menos os católicos afiliadosó galeguismo, que son tan relixiosos coma os que redactan ou len o aludido xornal, e que, sen embargo, festexaráncon todo entusiasmo a ‘festa civil galega’.

Nesta cuestión pódese aprecia-laprofunda diferencia que existe entre os católicos galeguistas e os católicos ‘españolistas’,os cales buscan a súa inspiración espiritual en xornais que se chaman rexionalistas e independentes,pero que non son senón sucursais de El Debate. Nós non falamos unicamente da ‘festa civil galega’,que MENLLAMENTE nestes momentos, ha de ter certo carácter político, porque somos inimigos de mestura-larelixión coa política. Os novos relixiosos de entre nós respectan demasiado a relixiónallea para intentar profanala, e os católicos nosos senten a relixión como unha cousa sagrada e íntimaque non se pode utilizar con fins partidistas. Por iso somos, como partido, neutrais en cuestións relixiosas,neutralidade que observamos nesta ocasión. Misión nosa é conmemorar civilmente, politicamentese se quere, o Día de Galicia. Soamente á Igrexa corresponde celebra-la festa do ApóstoloSantiago.

En cambio, o sector que se inspira no citado diarionon vacila en emprega-la relixión como instrumento político nas máis sórdidas loitaspartidistas e en defensa de intereses materiais, nin dubidaría tampouco en utiliza-lo nome do Apóstolopara fortalece-la Unión Regional de Derechas, que por certo acaba de felicitar a Royo Villanova polo seulabor en favor da unidade da patria. Estou seguro de que ningún católico galeguista apelaríaa semellantes medios, nin como fixo recentemente un orador sagrado na Coruña, que pediu ó final doseu discurso semipolítico unha salva de aplausos para o Redentor, forma magnífica de remata-la súadisertación en medio dunha ovación atronadora. Non somos pois, os galeguistas, os que invadimos terreosque non nos corresponden, nin os que dando probas de intransixencia pretendemos laicizar unha festa relixiosa.Polo contrario, os intransixentes, os que se saen da súa misión, son os que en nome da relixiónafirman que a festa galega ‘non pode ter carácter civil’ e pretenden boicoteala con tal pretexto.

É curioso observar que ata tratándosedunha cousa co catolicismo, esencialmente internacional, existe esta fonda diferencia entre galeguistas e centralistas,este contraste entre a mentalidade e a maneira de senti-la relixión dos católicos galegos e a actitudedos que, aínda chamándose discípulos de Xesucristo, teñen por mestre máis próximoó Sr. Gil Robles.

Catolicismo ‘españolista’, illado de Europa,incluso dos católicos doutros países; alleo tamén ás realidades do espíritogalego; inimigo, como sempre o foi, de toda cultura estraña; esencialmente separatista porque se encerranas fronteiras de España; subordinado ás conveniencias dun partido político monárquico,herdeiro do fanatismo que implantou a inquisición e emprendeu loitas imperialistas, mestura igualmente políticae relixión contra outros cristiáns; catolicismo simbolizado con xustiza no Santiago matamouros, exterminadore guerreiro, como máis tarde achou a súa personificación no crego Santacruz.

Catolicismo galego, universal e galego ávez; fondamente enraizado na alma do pobo, do cal soubo incorpora-lo paganismo precristián; comprensivoe transixente (lémbrese o voto de Otero Pedraio favorable á creación dunha sinagoga en Córdoba).O seu patrón, un apóstolo cristián, pacifista, que propagaba o seu credo co Evanxeo, non coaespada, humilde peregrino da fe, a cultura e a fraternidade. E a obra do apóstolo e do catolicismo galegonon foi a guerra, o lume, a conquista, senón a atracción a Compostela de peregrinos de toda España,que fixeron da cidade un altar sagrado e internacional, un dos centros espirituais do mundo, ó mesmo tempoque convertían a Galicia, tan apartada entón xeograficamente, unha das terras máis universaisde Europa.

Por iso os galeguistas, como partido, temos quedivorciarnos do catolicismo españolista, o dos santos militares, os monárquicos ‘agrarios’ e os cardeaispolíticos, máis próximo ó fanático San Ignacio que ó cristiánApóstolo Santiago. Tan afastados debemos de permanecer deles como dos anticlericais que nos atacan porqueo Día de Galicia coincide co Día do Apóstolo. ¡Como se fose posible nega-la historiade Galicia, esquecer que o culto ó Apóstolo, con tódalas súas consecuencias, foi unhadas causas que máis fondamente influíron na existencia nacional de Galicia!

Os verdadeiros galegos non podemos ser fanáticosdun nin doutro bando. Todo fanatismo repugna ó temperamento galego, caracterizado pola comprensión,a transixencia, a dúbida. Os problemas das relacións entre o relixioso e o civil podémolosresolver con criterio propio, galego, sen deixarnos arrastrar polos que soñan con Felipe ii nin polos queaínda viven espiritualmente na última década do século xviii. Por iso o Partido Galeguista,reflexo do espírito de Galicia, é tamén transixente e comprensivo, que constitúe unhairmandade de persoas das máis diversas crenzas espirituais, entre as cales non xorden xamais conflictosabsurdos, como o que pretende formularnos o xornal que coas súas palabras provoca estes comentarios. Comogalegos non podemos sentir ningún fanatismo, ningunha intransixencia, salvo a intransixencia e o fanatismoque proceden do noso amor a Galicia.

P. R. Castro.