1932/08/10 > Mal humor

1932/08/10 > Mal humor


‘Malhumor’. El Pueblo Gallego, mércores,10 de agosto de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Os momentos de mal humor son os máis reveladoresdo carácter das persoas e dos pobos. Os españois unitarios atravesan agora unha crise de mal humor–que ninguén personifica tan ben como o Sr. Maura– provocado pola formulación da cuestióncatalana, e de paso descóbrennos algúns dos aspectos menos atraentes do seu carácter. Seríainxusto supoñer que a opinión española se atopa representada pola chulería madrileñistade [Giménez……………………………LECTURA…………………………………] suposto humorismode Corpus Barja ou de Gutiérrez– asocio estes dous nomes pola semellanza dos seus comentarios acerca davisita dos deputados galeguistas a Barcelona. En cidades como Zamora e Valladolid viuse recentemente que existenfortes núcleos de opinión favorables ó Estatuto. Casteláns eminentes defenden con nobrezaa Autonomía de Cataluña. O mesmo mitin antiautonomista de Madrid foi un verdadeiro fracaso, se seconsidera a calidade dos oradores e a pobreza dos seus discursos –nada significa que nunha grande cidade se enchesea praza de touros. Como se enche calquera domingo de público que paga por ve-lo clásico espectáculoespañol de corridas de touros…

Non é exacto, afortunadamente, que o problemaactual sexa, como dixo Sánchez Román, de oposición entre nacionalismo e antinacionalismo,nin como afirmou Maura de conflicto entre España e Cataluña. Se así fose, o conflicto seríarealmente grave, insoluble sen a desmembración de España, que os unitarios combaten. E se se chegaseá desmembración sería a causa da intransixencia dos unitarios. Porque son eles quen fronteós movementos autonomistas, baseados en realidades, na vontade e nas necesidades dun pobo, nos máispuros principios democráticos –nada tan democrático, por exemplo, como a pretensión de quea maioría do pobo coñece mellor– fronte a estes nacionalismos que non xorden dun sentimento de superioridadesenón dunha arela de liberdade, opoñen un nacionalismo de seu, fundado nun desexo de hexemoníae nunha crenza, real ou finxida, na superioridade propia.

Así púidose observar, durante adiscusión do Estatuto catalán, que a campaña antiautonomista non ten outra base que a defensado establecido, o desexo de manter privilexios oficiais sobrepoñéndoos ás realidades vitaisdas rexións. E esta actitude tradúcese constantemente en ataques a Cataluña, negándollea capacidade para administrar xustiza, dando por seguro que non saberá mante-la orde, proclamando como absurdaa pretensión de soster e fomentar unha cultura catalana. Ese si que é o verdadeiro ‘veleno nacionalista’,o nacionalismo imperialista e despectivo. Se representase a opinión xenuína de España, entónos cataláns, os vascos e os galegos teriamos dereito a preguntar: ¿Con que………………………………..LECTURA…………………………………………………….,pode a España oficial negarlle capacidade a ninguén? Despois de catro séculos de unidade,tempo suficiente para mostra-la conveniencia de calquera ensaio, ¿pode a España ‘madrileña’dicir que soubo leva-la xustiza ós pobos da nación?¿Atrévese a asegurar que soubo conseguirque empezase a orde, salvo a orde ficticia que impoñen os fusís?¿Ten dereito a enxalza-lasgrandezas dunha cultura, dun sistema de ensino que non logrou librar á metade do pobo do analfabetismo?¿ConseguiuEspaña, en xeral, chegar a un nivel medio europeo de progreso e de benestar material?…

Porque é absurdo e é intolerableque os defensores da España unitaria, incapaz e fracasada, neguen capacidade a pobos como Cataluñaou Vasconia, que son xustamente os que, polo seu propio esforzo, lograron un estado de prosperidade e de culturaque os aproxima ó nivel de civilización da Europa occidental. Humildade, non arrogancia e soberbia,sería o estado de ánimo indicado para tódolos españois, centralistas ou autonomistas,ó contempla-las realidades da súa vida nacional. Humildade e propósito de emenda-los errospasados e de organiza-lo Estado doutra forma que non sexa a que xa fracasou tan lamentablemente. Pero tal vez estaarrogancia non sexa senón un disfrace. Quén sabe se a afirmación de superioridade non escondeunha sensación de inferioridade, un espírito desmoralizado pola derrota e o fracaso. Porque o fugazesplendor que sucedeu á unión peninsular non fixo senón acentua-la posterior decadencia. Despoisde máis de dous séculos de fracasos exteriores –perda das colonias, tristes recordos de guerras africanas–acompañados de fracasos interiores –desgoberno, despotismo e democracia ficticia– non é estrañoque este último golpe á España tradicional, este descontento e arela de independencia de diversasrexións da península, aparézaselles ós unitarios como algo intolerable, como a últimaderrota e fracaso da España que eles identifican –aínda que moitos sexan republicanos– coa Españatradicional da monarquía. Sensación de fracaso e medo ó porvir que se evidenciou no recentedebate acerca do ensino en Cataluña, no cal, debaixo da afirmación de superioridade da cultura oficial,púidose apreciar un …………………………… (xordo) …………………… (señor) ………………………..(Giral) …………… (ha dispuesto) …………… (el) ……….. (y) a cultura catalana. É tan difícilseguir sendo patriota da vella España, é tan difícil para os espíritos reaccionarios–aínda que se chamen e se crean republicanos– substituí-lo vello patriotismo polo novo, que non debemossorprendernos se a sensación de fracaso e de derrota tradúcese ás veces en explosiónsde arrogancia malhumorada.

P. R. Castro.