1932/10/17 > Comentarios a un discurso

1932/10/17 > Comentarios a un discurso


‘Comentarios a un discurso’. El PuebloGallego, martes, 17 de outubro de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Non é o momento actual da políticagalega o máis indicado para suscitar controversias entre distintos sectores de opinión. Debe impera-lacordialidade necesaria para facer posible a implantación dun réxime autonómico na nosa terra.Pero esta necesidade non pode impedi-lo exame sereno, aínda que franco, desde un punto de vista galeguista,do discurso pronunciado en Lugo polo señor Casares Quiroga, nin debe privar do dereito de defensa ósque foron repetidamente aludidos e incluso atacados con bastante violencia polo líder do Partido RepublicanoGalego.

Xa se dixo nun recente editorial de El PuebloGallego que algunhas das afirmacións feitas polo señor Casares poden suscitar entre os suspicaces,receos ou desconfianzas que comprometen o éxito do Estatuto de Galicia. Desgraciadamente case todo o queo señor Casares dixo sobre a autonomía ten este carácter de inoportunidade.

Á parte dos seus ataques contra o galeguismo,insinuou case tódalas dúbidas posibles respecto ó Estatuto. Basta dicir que a súa actitudefoi eloxiada por un xornal tan inimigo da autonomía como El Ideal Gallego.

O señor Casares ó insistir sobrea necesidade de que o Estatuto sexa de esquerda, insinúa a posibilidade de que teña un sentido reaccionario,sen preocuparse de examina-lo actual anteproxecto, ou calquera relatorio anterior, para ver se en realidade conténextremos incompatibles coas ideas esquerdistas. En todo caso a súa dúbida é superflua, postoque o Estatuto non é senón unha consecuencia da Constitución, claramente definido nos seuslímites e ten que ser tan avanzado como o sexa a Constitución española. O maior ou menor esquerdismode Galicia na súa Constitución interna e no desenvolvemento da súa vida rexional dependerádos sentimentos dos seus habitantes e da actuación dos seus partidos. Nada que o Estatuto conteñapode ser un obstáculo porque nada pode contradici-la Constitución española, e canto óque no anteproxecto se refire ó réxime político de Galicia é dunha clara tendenciaesquerdista e democrática.

A segunda cuestión inoportuna suscitadapolo señor Casares é a necesidade de que o noso Estatuto non sexa unha copia do de Cataluña.O anteproxecto que actualmente existe non é idéntico ó Estatuto catalán, aíndaque entre os dous existan inevitables semellanzas, xa que ambos proceden de idéntico texto constitucionale posto que o de Galicia se fixo tendo en conta o que as Cortes Constituíntes se mostraron dispostas a conceder.Os inimigos da autonomía xa aproveitaron este aspecto da cuestión para crear unha maior confusiónna opinión pública. As palabras do señor Casares serviranlles de nova base para os seus ataques.

Foi igualmente desafortunada a afirmacióndo orador de que unha Galicia autónoma non debe enfrontarse con España, nin debe un réximevantaxista de ‘galeguismo de socaliña’ para defende-los seus intereses rexionais fronte ós da nación,o cal, segundo el, constituiría unha chantaxe. Moito se podería dicir en canto a actuacióndo Partido Republicano Galego en defensa dos intereses de Galicia. Pero cinguíndonos ó dito poloseñor Casares, a súa alusión á ‘España Grande’, e a súa insistencia respectoá preponderancia do seu republicanismo sobre o seu galeguismo, só cabe afirmar que a autonomíainmediata será a que marca a Constitución, e a máis afastada a que concedan futuras Cortesespañolas. Se a autonomía actualmente posible é contraria ós intereses de Españaa culpa é das Cortes que fixeron a Constitución. Non pode haber antagonismo entre a rexióne a nación, posto que o réxime rexional e o nacional proceden de idéntico texto. Semellantestópicos estaban ben en beizos de Royo Villanova ou de Emiliano Iglesias antes da concesión da autonomíaa Cataluña. Agora, e sobre todo despois da viaxe do Goberno a Barcelona, resultan completamente superados.Se o señor Casares estima que o noso galeguismo é antiespañol e ve nel un futuro perigo paraa nación, ten unha opinión da nosa futura importancia política que non se atreveríaa expresar o máis optimista de entre nós. E en todo caso debeu votar contra a concesión daautonomía a Cataluña. Tampouco era procedente insinuar unha posible incompatibilidade entre republicanismoe galeguismo, porque supoño que o señor Casares non crerá que os galeguistas soñamoscoa implantación dunha monarquía céltica en Galicia…

Tamén creu oportuno o ministro falar daexistencia de seis Estatutos –nova arma que se ofrece ós inimigos da autonomía–. O primeiro Estatuto,o da asemblea da Coruña, non ten actualidade porque foi elaborado antes da Constitución. O do Seminariode Estudos Galegos foi retirado, co obxecto de non complica-la situación. Os do Instituto de Estudios Galegose do Secretariado de Galicia en Madrid, son expresión do criterio de reducidos núcleos de persoase non representan ningunha masa de opinión. Non pasaron de ser simples relatorios. E respecto ó ‘Estatutodos Parlamentarios’, ‘estatutiño’ que os galeguistas apoiarían antes de facer periga-la posibilidadeda autonomía, só o P.R.G. e os seus dirixentes poden explicarnos o misterio da súa desaparición.O indubidable é que non existe. Na actualidade non hai máis ca un só Estatuto, ou máisben anteproxecto, formado por unha relatorio designada por unha asemblea representativa dos grandes municipios,dos partidos políticos e das entidades culturais, económicas e doutra índole, anteproxectoque foi sometido a información pública, que será entregado a unha asemblea de alcaldes, segundoordena a Constitución, para que o aproben, ou modifiquen ou rexeiten, e que máis adiante, despoisdunha propaganda adecuada, se sometería á vontade popular e ás Cortes Constituíntes.

Non hai, pois, máis ca un Estatuto. E paraque os actos celebrados en Lugo tivesen algún significado práctico na vida de Galicia, debeu marcarseclaramente a actitude do Partido Republicano Galego fronte a este anteproxecto e os pasos inmediatos que respectoa el pensaba dar. Pero en canto a isto o silencio foi absoluto. ¿É que esperan ver o que sucede antesde decidirse? Non será ‘reformismo’, pero non é autonomismo, aínda que a indicaciónse oculte baixo protestas de forza democrática. Prestar unha franca adhesión ó Estatuto iniciadopolo Concello de Santiago non sería un acto de caciquismo nin unha imposición, senón un procedementodemocrático, obrigado nun partido que sinta un ideal e non tema afirmalo impulsado polo desexo de orientará opinión pública e de realiza-las aspiracións contidas no seu programa.

Máis como, á parte doutras alusiónsó galeguismo, se lanzou contra el en Lugo unha acusación de caciquismo, e de te-lo afán deimpoñe-las súas ideas contra a vontade do pobo, quede para outro artigo a resposta ós ataquesinxustificados que o señor Casares dirixiu contra cantos autonomistas non militan nas filas do seu propiopartido.

P. R. Castro.