1932/11/15 > Porvir do galeguismo

1932/11/15 > Porvir do galeguismo


‘Porvenir del galleguismo’. El PuebloGallego, martes, 15 de novembro de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Pódese afirmar, con toda seguridade, que nonexistiu ningún partido en Galicia que se vise tan constantemente combatido desde os máis diversospuntos de vista, como o galeguista, a pesar de que non participou xamais na Gobernación do país.Os ataques que contra o citado partido se dirixen deben producir no ánimo dos galeguistas unha grande satisfacción,xa que como non pode xurdir dun temor ó noso actual poder político nin de resentimentos respectoá nosa actuación pasada, veñen sendo un recoñecemento da potencialidade e da forzaíntima do ideal galeguista.

Agora que parece próxima a Autonomíade Galicia, triunfo parcial do galeguismo, é interesante observar que contra o Partido Galeguista se lanzandúas insinuacións que se contradín entre si. Porque mentres uns pretenden que ó galeguismolle chegará coa Autonomía a hora da victoria e que seguindo precedentes ben próximos, esavictoria traduciríase na implantación dun novo caciquismo, outros aseguran que a autonomíasuporía a morte do Partido Galeguista, ó verse realizado o punto fundamental do seu programa, postoque outros partidos máis fortes apropiaranse do éxito e apoderaranse do Poder rexional galego.

Á primeira acusación case non valea pena contestar. O galeguismo non tivo xamais o menor contacto co caciquismo; e aínda nas súas manifestaciónsliterarias e artísticas foi sempre inimigo inescusable dos caciques. Ó debe-la súa existenciaa un profundo amor a Galicia ten necesariamente que enfrontarse coa maior praga que existe na nosa terra. E, enúltimo termo, todos sabemos que non vai vir o Poder ás mans do Partido Galeguista, porque se bené certo que a el, e ós grupos que o precederon, débese o pulo autonómico e o mantementodo ideal da liberdade galega, tamén é verdade que a obra de face-lo Estatuto será un laborconxunto de tódolos partidos. Non representará unha victoria do Partido Galeguista sobre os demaisnin vai destruír de súpeto os caciquismos xa establecidos.

¿Quere isto dicir que o Partido Galeguistanon vai ter misión que cumprir nunha Galicia Autónoma? De ningunha maneira. A Autonomía suporápara o galeguismo a iniciación dunha etapa aínda máis activa cá actual. Nestes momentosten que supedita-la súa actuación á necesidade de consegui-lo Estatuto, pero o díade mañá, partido de oposición dentro do Parlamento galego, poderá desenvolver librementetoda a súa actividade política. E esta afirmación de que sería un partido de oposiciónmerece unhas breves observacións. Que o diga eu non ten ningunha importancia, pero que o declaren constantementeos propagandistas do partido si a ten. Porque demostra que o noso espírito é diametralmente opostoá mentalidade caciquil. Sómo-lo bastante sinceros para non prometer ós que nos escoitan unsinxelo e completo triunfo e ós que nos sigan o réxime do favoritismo que gozan os vencedores. Nonprometémo-la victoria ós que se adhiran a nós. Ofrecémoslles unicamente un posto naloita que será longa e que proseguirá unha vez conseguida a Autonomía. Porque, como en todaspartes afirmamos, é para nós un medio, non un fin –en primeiro lugar porque non vai ser o que nósquixeramos.

Despois virá o labor formidable de combate-locaciquismo, que non vai desaparecer de súpeto, pero que será moito máis vulnerable unha vezque perda algúns dos resortes que lle proporciona o centralismo, e que sexa unha cousa próxima evisible en todo momento. Misión do galeguismo será vixiar e fiscalizar, desde a súa posiciónindependente, os actos e as disposicións do Poder rexional, orienta-lo labor lexislativo coa autoridadee os coñecementos que lle proporciona o seu contacto íntimo e constante cos problemas de Galicia.Tarefa súa será a galeguización de Galicia –é dicir, a volta da nosa terras ássúas realidades– en tódolos aspectos, culturais, espirituais e económicos; galeguizaciónque a Autonomía facilitará pero non imporá dun golpe, e que se reflicte no amplo programado partido. E non será a menor das preocupacións do galeguismo a democratización auténticada nosa vida política, tan descoidada polos demais, que non consiste na promulgación de leis democráticas,senón no constante contacto coa opinión e o afán de estimular á cidadanía. Asinceridade do Partido Galeguista neste aspecto queda ben confirmada coa proba que dan os cento setenta mitinscelebrados durante o último ano, número que será seguramente superior ó dos comiciosorganizados por tódolos demais partidos xuntos.

Agora ben, se o que se quere dicir é queo Partido Galeguista non ten ningún porvir como partido nacional, estariamos de completo acordo coa afirmación.Iso non é un perigo que nos ameaza senón un propósito e un desexo que nós mesmos temos.E vai ser precisamente o que dará en Galicia máis autoridade e máis forza ó PartidoGaleguista esta circunstancia de acharse completamente desligado da política nacional, cunhas complicaciónsque, con Autonomía ou sen ela, perturbarán constantemente a vida interna de Galicia e entorpeceráno labor que en defensa dos nosos intereses queiran realiza-los partidos que estean limitados na súa actuaciónpolos compromisos e as conveniencias da política nacional. A conducta de diversos partidos nas actuais Cortesrevélao claramente.

Creo que basta co dito para demostrar que a vidado Partido Galeguista non vai remata-lo día en que Galicia sexa autónoma. Pero hai algo máis.E é que ser ‘galeguista’ é algo moi distinto de ser ‘autonomista’. Non faltarán ocasiónsfuturas de facer resalta-la diferencia.

P. R. Castro.