1932/12/02 > Escocia, Irlanda, Bretaña, Galicia

1932/12/02 > Escocia, Irlanda, Bretaña, Galicia


‘Escocia, Irlanda, Bretaña, Galicia’.El Pueblo Gallego, venres, 2 de decembro de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Contra os tópicos empregados polos que seopoñen á autonomía dos pobos, tachando de reaccionaria calquera tendencia que non sexa a dointernacionalismo uniforme, é preciso repetir, cando a actualidade os faga oportunos, razoamentos que xase empregaron. É difícil decidir se unha idea política é avanzada ou reaccionaria porqueas transformacións do espírito humano fan parecer retardador o que anteriormente se nos antollabaprogresivo. Só podemos aventurarnos a afirmar que unha idea política está ou non de acordocoas tendencias contemporáneas do mundo. Enfocada así a cuestión, é indubidable quetanto a vida política española como a mundial veñen da-la razón ós que sosteñenque, para ben ou para mal da humanidade, as cuestións autonomistas son dunha actualidade palpitante.

Sen buscar unha vez máis nos máisrecentes acontecementos históricos a confirmación desta tese, limitémonos a dedicar un momentode atención ás noticias que a Prensa nos transmite nestes días desde os países máispróximos e afíns a nós, nacións da costa occidental de Europa –Francia, Gran Bretaña–que non poden ser clasificados como países atrasados politicamente, posto que foron neste terreo mestrese orientadores do resto do mundo.

Francia, exemplo de país centralista, quefrecuentemente presentan con eloxios os defensores do unitarismo, está preocupada actualmente non sópolo antigo problema alsaciano senón tamén polo rexurdimento do nacionalismo bretón, que provocouhai pouco tempo un atentado contra o monumento simbólico da unión de Bretaña a Francia, emáis recentemente o atentado atribuído ós nacionalistas bretóns contra o tren no queM. Herriot viaxaba a Nantes.

Irlanda, non satisfeita pola independencia casecompleta que hoxe goza, arrisca todo o seu benestar económico nunha loita aduaneira e política contraun rival tan formidable como Inglaterra.

En Escocia, tamén nestes días, formouseun novo partido autonomista. O caso de Escocia, desde o punto de vista nacionalista, é sumamente interesante.Cando o rei escocés Xacobe i ascendeu ó trono de Inglaterra, como sucesor de Isabel, levouse a caboa unión das dúas coroas, pero foi un século máis tarde, en 1707, cando Escocia se asociouvoluntariamente á nación veciña para forma-lo Reino Unido. A unión, segundo recoñecenos mesmos escoceses, foi beneficiosa para Escocia, sobre todo no aspecto material. Este país soubo conservaríntegro o seu espírito nacional, á parte de certa autonomía política, xudiciale relixiosa. A través de máis de dous séculos seguiu considerándose a si mesma naciónperfectamente definida, con espírito, cultura e carácter enteiramente distintos ós de Inglaterra.Incluso sentiron sempre os escoceses certo desprezo polos seus veciños do Sur, a quen son inferiores.

Nación eminentemente práctica, chegouEscocia a un alto grao de benestar material e de desenvolvemento industrial e a un nivel cultural superior óde Inglaterra. Nas súas actividades artísticas e literarias expresaron sempre os escoceses o espíritopropio da súa nación. E xamais puido Escocia considerarse, como outras nacións sen liberdade,oprimida ou vexada polos Gobernos británicos, nin tan sequera limitada na expresión do seu carácternacional.

E sen embargo, a pesar de todas estas circunstanciasque parecen facer completamente superfluo un movemento autonomista escocés, o nacionalismo rexurdiu en Escocia.Desde hai moitos anos, conservadores, liberais e laboristas eran partidarios da concesión de certa autonomíaa Escocia, aínda que non fose máis que por razóns prácticas que aconsellaban a convenienciada descentralización, para desconxestiona-lo Parlamento británico. Pero isto xa non satisfai ósescoceses. Impulsados en parte por razóns materiais e en parte por inmortais sentimentos nacionalistas apareceronrecentemente en Escocia partidos que piden para o seu país unha ampla autonomía. Os escoceses observanque o Parlamento británico non ten tempo nin coñecemento para resolve-los problemas de Escocia, ninpara dárlle-las solucións netamente escocesas que precisan. A crise económica fixo máisevidente a existencia de tales problemas e levaron ó ánimo de moitas persoas o convencemento de quesó unha Escocia autónoma podía resolver adecuadamente os conflictos presentes e orienta-lafutura vida da nación dunha forma que estea de acordo coas súas características.

Por estes motivos, engadidos ó naturalsentimento nacional, formouse hai poucos anos o Partido Nacionalista Escocés, que ten cada día máisafiliados. O seu primeiro triunfo foi o de capta-la simpatía da xuventude intelectual, segundo o demostrouna recente elección, polos estudiantes da Universidade de Glasgow, dun nacionalista, o novelista ComptonMacKenzie, para o cargo de ‘Lord Rector’ da citada Universidade. O Partido Nacionalista pide para Escocia un estatutode dominio, que lle concedería unha autonomía case completa, reservando unicamente para o Parlamentobritánico a política exterior e a defensa nacional.

Moitos escoceses, aínda sendo autonomistas,consideran demasiado extremista a posición do Partido Nacionalista. Por iso acaba de formarse unha novaorganización política, o Scottish Self-Government Party, que pide para Escocia un Parlamento quelexisle en tódalas cuestións puramente escocesas, por estimar, segundo di no seu manifesto, que ‘ocomercio e a agricultura necesitan un desenvolvemento intensivo que non pode darlles un Parlamento británico’.O novo partido defende unha ampla autonomía, da cal só serían excluídas cuestiónscomo a sucesión ó trono, a política exterior, a defensa nacional e a declaración deguerra, pero non o de Facenda que quedaría a cargo do Goberno de Escocia. Unha autonomía moito máisextensa, desde logo, que a que hoxe pode gozar unha rexión española. Este partido chámasea si mesmo ‘moderado’, pero o é, máis que polas limitacións do seu programa autonómico,porque concede maior importancia ás razóns prácticas que ó pulo sentimental que animaó Partido Nacionalista que lle dá un carácter extremista e ata certo punto antibritánico.Conta xa a nova organización co apoio de numerosas persoas das máis destacadas en tódalasactividades, e incluso se lle incorporaron algúns grupos locais do partido conservador, ó que ninguénpoderá tachar de separatista nin de ‘desmembrador da patria’.

É un caso o de Escocia que convéndestacar. Primeiro, porque non se trata dunha nación oprimida en ningún sentido. En segundo lugarporque a unión con Inglaterra non foi, en xeral, prexudicial para os intereses de Escocia. E en últimotermo, por tratarse dunha das nacións máis progresivas, prácticas e sensatas do mundo. Detodo isto podemos deducir que o sentimento nacionalista ten tal forza que é capaz de rexurdir despois deséculos de inacción e nas circunstancias que parecen menos propicias. E coñecendo o cursoque adoitan segui-los movementos desta índole, non podemos dubidar do triunfo, máis ou menos próximo,da causa autonomista escocesa.

Escocia, Irlanda, Bretaña, Galicia…Aansia de liberdade vibra nas terras da ‘franxa céltica’. Confiemos en que non será Galicia o eloque falte nesta cadea de pobos unidos por remotos lazos sociais e espirituais.

P. R. Castro.