1933/04/29 > Un referendo e unhas eleccións

1933/04/29 > Un referendo e unhas eleccións


‘Un referéndum y unas elecciones’.El Pueblo Gallego, sábado 29 de abril de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Celebrouse hai unhas semanas un referendo cun caráctere uns resultados que merecen a atención de cantos se interesan polas cuestións autonomistas. Os habitantesda Australia Occidental acaban de votar a favor da separación do seu país da Federación Australiana,por un número de sufraxios que duplica o emitido en pro da continuación da actual situación.

A Australia Occidental –extenso territorio habitadotan só por medio millón de persoas– goza xa da dobre autonomía que supón o seu carácterde estado compoñente do Dominio Australiano, que é á súa vez virtualmente independentedentro do Imperio Británico. E sen embargo os seus electores creron conveniente decidirse pola independencia,e separarse da Federación Australiana, na cal ingresaron voluntariamente, e dispóñense a converte-loseu país en novo Dominio, afiliado á Comunidade de Nacións Británicas.

Non existe conflicto de raza, de ideais, de idiomaou de cultura. Tan só razóns de orde material orixinan este novo movemento separatista. Os habitantesda Australia Occidental quéixanse do abandono en que vive o seu país e da postergación constantedos seus intereses, debido á grande distancia que os separa da capital federal e á incomprensióndo Goberno central fronte ós seus problemas peculiares. Os cinco membros que teñen entre os 76 queforman a Cámara de Representantes non logran facer prevalece-lo seu criterio. As conveniencias das grandescidades inflúen decisivamente na política do Goberno central, existe unha incompatibilidade entrea súa economía agrícola e o industrialismo das rexións australianas que exercen unhainfluencia predominante na vida política da nación, influencia que utilizaron para establecer unarancel prexudicial para o benestar da Australia Occidental. Os artigos manufacturados e as materias primas esenciaispara a agricultura alcanzan elevados prezos baixo a protección arancelaria, en tanto que os productos agrícolasdesamparados e desprovistos actualmente de mercados exteriores non obteñen un prezo remunerador…

Velaí como un país sen ningúndos pulos sentimentais que adoitan inspira-los movementos nacionalistas, vese obrigado a reclamar, non a autonomíasenón a independencia por razóns puramente prácticas. Galicia podería subscribir integramenteo memorial de agravios dos separatistas australianos, engadíndolle moitas razóns máis no terreomaterial. Posúe ademais, para defende-lo seu dereito á liberdade, argumentos decisivos na orde espiritual,racial, cultural e xeográfica ademais do recordo de múltiples inxustizas seculares. E, sen embargo,é probable que os habitantes de Australia Occidental sexan libres antes cos galegos. Pero este exemplo hade te-la virtude de fortalece-la fe de cantos desexan a autonomía de Galicia porque serve para demostrárno-lainevitabilidade do desenvolvemento e do triunfo dos principios autonomistas, mesmo cando se presentan nun lugartan pouco propicio, tan inesperado, como Australia, e cando se fundan exclusivamente sobre razóns materiais.Moito maior ha de se-la forza do nacionalismo, e igualmente segura será a súa victoria final, a pesarde tódalas traizóns e pequenas miserias da nosa política, cando como no caso de Galicia, xordedun fondo pulo espiritual ademais de ter ó seu favor tódalas razóns prácticas imaxinables.

Debe facerse constar que o triunfo dos separatistasaustralianos coincidiu cunha victoria decisiva dos socialistas nas eleccións xerais que se celebraron ómesmo tempo que o referendo. E non deixa de ter certa relación con esta cuestión en canto áautonomía de Galicia se refire a limitada consulta ó corpo electoral que acaba de ter lugar en España.Non hai que concederlle unha excesiva importancia ás etiquetas políticas, nin se pode saber se aseleccións foron realmente democráticas ou non o foron máis que en teoría. Pero sona única realidade política, a única medida das tendencias actuais da opinión españolae os seus resultados nos revelan que nunha provincia netamente española, Burgos, os partidos dereitistase republicanos moderados (entre os que se inclúe ós radicais) conseguiron 623 postos fronte a 104dos partidos de esquerda. Nunha provincia galega, Pontevedra, as cifras correspondentes foron 35 contra 84…

Nin en Australia nin en España resultase-lo centralismo unha garantía de esquerdismo, nin existe a afinidade, que algúns pretenden, entreo nacionalismo e a reacción. Os que sinalaron o perigo de que unha Galicia autónoma fose reaccionariadeben recoñecer, se son homes de boa fe, que a continuación do réxime centralista, lonxe deser unha garantía de democracia e de fidelidade ás liberdades constitucionais, entraña o risco,tal vez non moi afastado, de que unha Galicia que non demostrou a menor tendencia dereitista se vexa subordinadaenteiramente a un Parlamento no cal predominen deputados reaccionarios elixidos por provincias como Burgos, típicobaluarte da tradicional España unitaria. Os resultados electorais proban que España é moitomenos esquerdista que Galicia. Se non hai autonomía a política española dominará porcompleto á galega.

Han de darse de conta os galegos que sexan sinceramentedemócratas da responsabilidade que contraen se non colaboran con entusiasmo no labor autonomista, e se polasúa indiferencia condenan a Galicia a atoparse, algún día, indefensa, sometida ós dictadosdunhas Cortes españolas reaccionarias.

P. R. Castro.