‘Enlaces’. El Pueblo Gallego, venres30 de xuño de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
Aqueles gobernantes da dictadura que queríancegarnos e asombrar ó mundo cos seus grandiosos proxectos, teñen un digno sucesor no actual ministrode Obras Públicas. Daquela as palabras máxicas eran ‘exposición internacional’ ou ‘autovía’.Agora o Sr. Prieto utiliza coa mesma satisfacción a palabra ‘enlaces’. Pero os galegos non debemos permitirque sirva soamente de descrición duns fantásticos proxectos. Debemos utilizala como berro de protestacontra un réxime centralista que fai posible esta nova ofensa á nosa terra, esta última postergacióndos nosos intereses.
Enlaces si, debemos dicir, pero non esas obrasde luxo coas cales pretende unha nación modesta como España supera-lo feito nas máis importantescapitais das máis prósperas nacións. Ben está que se enlacen da forma máis barataposible as diversas liñas que aflúen ás grandes cidades. Pode facerse construíndo liñasde circunvalación, pero non hai ningunha xustificación para a inversión innecesaria de millónsde pesetas en liñas e estacións subterráneas.
Constrúanse antes, se é que o diñeiroabonda tanto, as comunicacións que as aldeas de España precisan para estar enlazadas unhas con outras.Mellórense as liñas ferroviarias que xa existen. Pero d ningunha maneira se pode admitir que se realicenenormes dispendios para enlazar ferrocarrís lentos, deficientes, sen material adecuado, con trazados quenon cobren as necesidades do país e que en moitos casos seguen unha liña absurda, trazada con mirasá conveniencia das compañías e non a do país.
Se se levan a cabo os propósitos do ministrode Obras Públicas podemos imaxinarnos a alegría dun visitante estranxeiro cando se atope despoisde saír da grandiosa estación subterránea de Madrid, nun tren chamado expreso, con vagónsvellos e non moi limpos, circulando por vía sinxela a unha velocidade media de cincuenta quilómetrospor hora a que noutros países alcanzan os trens de mercancías menos rápidos e chegando confrecuencia ó seu destino cunha ou máis horas de atraso. ‘Cousas de España’ dirase o supostoturista se ten a ocorrencia de vir a Galicia e observa o contraste entre a magnífica estación departida e o lamentable medio de transportar que o conduce ó seu destino.
E se logo quere percorre-la nosa terra e pretendetrasladarse en ferrocarril de Santiago a Ourense, por exemplo, diranlle que para salva-la distancia de cen quilómetrosque separa as dúas cidades, ten que pasar por Tui, e viaxar bastante máis de douscentos quilómetros.E se desexa ir da Coruña a Xixón para coñece-la costa norte da nosa rexión decatarasede que debe internarse na península ata León…(Claro está que ó señor Prietonon se lle puido ocorrer xamais que ninguén cometa a extravagancia de vir a Galicia, terra, segundo el,tan pobre que non ten dereito a que se lle constrúan vías férreas).
Máis non nos faltan só ferrocarrís.Porque se o noso visitante sente o desexo, ben natural, de percorrer en automóbil a costa de Galicia, atoparaseó querer trasladarse de Corcubión a Muros, cun río que ningunha ponte atravesa. Verárematar no borde do río a estrada pola que veu e observará, ó outro lado, outra estrada polacal podería continua-la súa viaxe. Pero como a ponte, poxada hai vinte anos, aínda non pasoude ser un proxecto, terá que volverse atrás e percorrer máis de cen quilómetros parachegar a un punto que está a unha distancia de cen metros.
Enlaces que acaben con este absurdo estado decousas son os que Galicia necesita vías, estradas e pontes que unan as súas propias aldeas, quea aproximen ó resto de España, que faciliten o seu contacto co mundo, ó cal non a unen hoxemáis comunicacións presentables que os transatlánticos estranxeiros que tocan nos seus portos.Estes enlaces e aqueles outros menos importantes, da terra ou do mar unha das maiores fontes de riqueza de Galicia.Uns modestos peiraos ¡cantos se poderían construír con eses trescentos millóns quevan custa-las suntuosas obras de Madrid! que permitisen ós pescadores, despois da súa loita cotiácoas ondas, chegar ó seu fogar e ó seu mercado cun pouco menos de perigo, con algunha maior facilidadenon como hoxe acontece en tantos portos galegos, onde arriban a unha praia aberta, sen o menor abrigo, sen lugaronde atracar, onde teñen que lanzarse á auga e arrastra-las súas embarcacións polaarea ata un lugar seguro onde non os alcance a rompente.
En semellantes cousas pensaría un ministrode Obras Públicas que o fose de toda España, non dunhas rexións ou dunhas capitais privilexiadas;un gobernante que non dividise ós cidadáns españois en ricos e pobres, que colma de favoresós privilexiados e que lle nega o dereito a existir ós menos afortunados.
E se por desgracia non acontece así, debemoscoidarnos de que a palabra que o ministro utiliza con tal aire de satisfacción para describir uns proxectosantieconómicos e fantásticos sexa para nós un berro de protesta contra un sistema de organizaciónnacional que permite e facilita tales inxustizas.
P. R. Castro.