1933/09/30 > O IX Congreso de Nacionalidades Europeas. O ingreso de Galicia

1933/09/30 > O IX Congreso de Nacionalidades Europeas. O ingreso de Galicia


‘El IX Congreso de Nacionalidades Europeas.El ingreso de Galicia’. El Pueblo Gallego, sábado 30 de setembro de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Por primeira vez na súa historia Galiciaconcorreu con personalidade propia a un Congreso internacional. Someteu á consideración dun organismoadxunto á Sociedade das Nacións –formado por representantes de case tódolos pobos ou minoríasque non atopan salvagardados os seus máis íntimos sentimentos e intereses baixo o réxime oficialdo Estado en que viven– un documento no que se fan consta-las circunstancias que xustifican o dereito de Galiciaa ser considerada como unha nacionalidade. Os informes recollidos previamente pola Secretaría do Congresodurante unha visita á nosa terra confirmaban a tese nacionalista e probaban a satisfacción do Congresono que non se falaba dun movemento xurdido da imaxinación e o idealismo duns cantos soñadores, senóndun feito real e importante.

Por esa razón foi acollida Galicia no Congresode Nacionalidades Europeas e admitiuse a declaración presentada pola súa delegación que di:

‘O Partido Galeguista, partido nacional dos galegos,representado no Parlamento español polos deputados Otero Pedraio, Castelao e Suárez Picallo, declarasolemnemente ó participar unha delegación galega no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, baseándosesobre o ‘RAPPORT’ sometido á consideración do Secretario Xeral do citado Congreso, que o pobo deGalicia, que conta con máis de dous millóns de almas e habita a totalidade do territorio de Galicia,é unha nación ben definida, que se diferencia claramente dos outros pobos que habitan España.A súa orixe, a súa historia, o seu idioma, e os seus costumes xustifican esta diferencia dunha maneiraabsoluta’.

Ó facer constar ante a opinión públicaestes feitos incontestables o partido nacional dos galegos proclama o dereito innegable do pobo galego a dispoñerde si mesmo. O pobo galego reclama a plena liberdade do emprego do seu idioma materno, especialmente na instrucción.Reivindica igualmente o respecto dos seus costumes e pide a implantación da máis ampla autonomíaposible, por esixila os seus intereses económicos e culturais.

Galicia desexa vivir en boas relaciónscoas outras nacionalidades de España e quere colaborar con elas para a regulamentación de tódalascuestións de interese común. É evidente que non opón ningún obstáculoá realización dun ideal federal, calquera que sexa a a súa amplitude.

O partido nota con satisfacción que unhaunidade de apreciación se estableceu xa entre galegos, cataláns e vascos, que, por outra parte, xase realizara coa fundación dunha organización chamada ‘Galeuzca’, que coordina os movementos nacionaisde Galicia, Euskadi e Cataluña.

Sinalamos tamén a cordial benvida dispensadaá delegación galega no discurso inaugural do presidente Doutor Josip Wilfan, eminente xurisconsultode Trieste e ex-deputado esloveno no Parlamento italiano, que dedicou afectuosas palabras que foron recollidasna prensa europea. Diremos igualmente, antes de finalizar esta primeira crónica, que a delegacióngalega acompañou ó Comité Permanente do Congreso na súa visita a M.Mowinchel, presidentedo Consello da Sociedade das Nacións, e escoitou de beizos do primeiro ministro noruegués, frasesde simpatía cara os movementos que loitan por manter e salva-las culturas e o espírito das nacionalidades.Non podía ser outro o criterio do representante dunha pequena patria como Noruega, nin o do políticoque contribuíu sinaladamente á separación de Suecia e Noruega. Mágoa que esta admirablenación, defensora dos dereitos das nacionalidades, deixe este ano de pertencer ó Consello da Sociedadede Nacións.

E nada máis neste primeiro artigo que salientaa cordial acollida atopada en todas partes, o xenuíno interese que espertou a incorporación do nacionalismogalego á vida europea e o recoñecemento cara a nación Suíza, que puxo o edificio doseu Parlamento a disposición do Congreso, e ó seu presidente que recibiu con afectuosas palabrasós delegados.

Expostos estes feitos de fundamental interesepara Galicia, noutras crónicas darase unha impresión do desenvolvemento das discusións dopasado Congreso e estudiarase a significación que para Galicia ten a adhesión do noso movemento nacionalistaa unha das organizacións máis interesantes da vida internacional de Europa.

P. R. Castro.