1934/07/12 > Contraste

1934/07/12 > Contraste


El Pueblo Gallego, xoves 12 de xullo de 1934.


Alemaña, tinguida xa de vermello polo sangue de marxistas e liberais porque as súas cabezas foron segadas pala machada do verdugo, que renace na nosa época como unha pastasma na Idade Media, resólvese nunha nova etapa de sanguiñenta barbarie ó estalar entre os donos do botín unha salvaxe guerra civil, que ten unha elevación moral semellante á de pasadas loitas entre Al Capona e Spike O´Dounell en Chicago, e causa ós cidadáns civilizados do mundo unha impresión análoga – a satisfacción de que os inimigos da sociedade se aniquilen mutuamente.

Mentres tanto, nas verdes praderías de Ruumymede, á beira das augas tranquilas do Támesis, uns centenares de aficionados estiveron representando episodios saíntes da historia inglesa, en conmemoración da firma fai sete séculos, polo rei Xoán, de ‘Magna Charta’, base das liberdades democráticas da Gran Bretaña. No Albert Hall, a maior sala de espectáculos de Londres, o partido conservador, o máis ‘reaccionario’ dos partidos políticos ingleses, organizou unha grandiosa representación teatral titulada: ‘O Parlamento e o Pobo’, facendo desfilar pola vasta escea os acontecementos fundamentais da historia parlamentaria de Inglaterra. E decenas de miles de ingleses acoden a emocionarse co que, para eles, é unha das maiores glorias da súa patria. No mesmo Albert Hall onde, fai unhas semanas, o pobo asaltou ós fascistas de Sir Oswald Mosley, que pretendían celebrar alí unha asemblea, porque, como afirmou despois un diputado, na política inglesa tolérase todo menos os procedementos criminais e a actuación dos desequilibrados.

!A democracia, segundo algúns, fracasou! Alá cada un coa súa opinión, pero teñan en conta os que defenden as dictaduras, que a supresión da democracia leva implícita consecuencias como a que agora soporta Alemaña -o pistoleiro uniformado ou non erixido no brazo executor da xustiza. E terían que ser moitos os defectos da democracia para facela moralmente inferior ó réxime que hoxe domina en Alemaña.

Pero, a pesar de todo, é probable que os españois sigamos sendo xermanófilos. E que continúe parecendo extravagante sentir admiración por Inglaterra. Porque se deu o caso curioso en España de que non foron adoradores da curtización xermánica, tan só os reaccionarios, naturalmente admiradores da forza bruta e de esa disciplina que non é en suma senón o máis pernicioso dos estupefacientes. Tamén os contados intelectuais españois, que teñen unha visión que se estende máis alá do cosmopolitismo de París, atoparon xeralmente a súa folla espiritual en Alemaña. Cegados pola fama duns cantos filósofos, escultores, homes de ciencia, médicos -non certamente máis eminentes que os doutros paises europeos -, crearon un ambiente de admiración cara a nación na que surxiron, e que acabou agora suprimindoos, porque non pertencían na súa maioría á raza aria. E incluso cando se implantou o novo réxime, os nosos lexisladores esquerdistas foron buscar modelos, non nunha democracia antiga e de probada eficacia, senón en Weimar -modelos teóricos, inventados por un pobo que acaba de sair das sombras do absolutismo…

Estraña desviación da visión internacional de España, froito acaso da desafortunada preponderancia dos médicos na nosa vida intelectual. Estraña porque non existe certamente unha maior afinidade do noso carácter co dos alemáns que co dos ingleses. Nin é superior ou digna de máis admiración a actuación dos teutóns a través da historia que a dos anglosaxóns. Nin na ciencia ou a literatura superaron os alemáns ós ingleses. Porque Newton non foi, no seu tempo, de inferior categoría a Einstein, nin Lister a Erlich, nin Shakespeare