1964/03/15 > O galego é outro idioma

1964/03/15 > O galego é outro idioma


‘El gallego es otro idioma’. Faro de Vigo, 15/03/1964.


‘I am Casca the poet! I am Casca the poet!’. Algoasí exclamaba -non teño a man ‘Xulio César’, nin Astrana Marín- o pobre poeta Casca,acometido pola plebe enfurecida tras o asasinato do gran romano, ó confundilo con outro Casca, conspirador.Posiblemente o populacho aínda o abatería con máis saña por ser poeta. E seguramentede haber estado alí ‘Ferr’, contribuiría a ‘cascarlle’ do lindo…

O Bardo de Stratfor semella destinado a suscitarseculares controversias, incluso acerca da autoría das súas obras e do que quixo dicir en non poucosdos seus versos e alusións. Agora resulta que as augas se removeron, non xa nas nativas do Avón,senón nas máis remotas do Sar.

Misteriosas lebres xorden de campo galaico, asque ‘Ferr’ na súa columna dun diario vespertino compostelán chama ‘os de sempre… Ese pequeno grupode intelectuais que se empeñan en facer libros de altura, e se esquecen do pobo’ ‘eggheads’, conspiradoresno seu coto pechado, e que o redactor citado, hábil cazador, acertou a levantar.

Eu coido que máis ben se levantou -unhavez máis, como sempre nestas ocasións un ser moi áxil pero que debe erguerse con dificultade,xa que posúe menos patas que a lebre- catro para ser exacto.

O disco da compaixón polo pobo, e da hostilidadedos intelectuais galegos con proxectos de homes de empresa -por exemplo quén non vacilaría, en nomedo progreso, en romper o ‘skyline’ compostelán cuns cantos rañaceos-, e que os ceos incomparablesrañarían, non deixa de inspirar algunha desconfianza. Non dubidamos de certa sinceridade nos empresariosque choran ante a emigración da man de obra galega cara postos de traballo europeos mellor recompensados,pero nos permitimos dubidar de que o fagan polos mesmos motivos que fixeron chorar a Rosalía, e indignarona tantos outros intelectuais e poetas galegos, e ata agora, a moi poucos homes prácticos.

Celebro que ‘Ferr’ reitere a súa afirmaciónde que nada ten contra Shakespeare. Menos mal. Así non se embazará a alegría desta conmemoracióndo cuarto centenario do poeta. Do poeta que, por certo, non tivo que rebaixarse de nivel para que o pobo londiniensedo seu tempo o comprendese e aclamara as súas obras. Claro está que el era cisne, e os poetas depor acó non pasan de lebres.

Pero, en fin, do que se trata é de se unhatraducción ó castelán debe ser unha barreira infranqueable para que a mesma obra -novela,peza teatral, poema- atope un audaz que ouse traducila ó galego. Vexamos, pois, un exemplo. Unha, para min,belísima poesía de Christina Rossetti que foi obxecto das seguintes traduccións. A primeira,ó castelán, dun famoso, e por min admiradísimo escritor. A segunda, obra dunha insignificante’lebre’ galaica.

‘Cuando haya muerto, amado,
triste canción no cantes,
ciprés umbroso ni frescas rosas
sobre mi tumba plantes.
Cúbrame verde hierba
de lluvia humedecida,
y si quieres, recuerda,
y si queres, olvida …
Ya no he de ver las sombras
ni la lluvia sentir,
ni el canto -triste como una queja-
del ruiseñor oir.
Soñando en un crepúsculo,
ni alba ni anochecer,
puede ser que recuerde,
que olvide puede ser’.

Meu Amor, cando eu morra,
triste cantar non cantes,
ciprés sombrizo ou rosas
á testa non me prantes.
Orballo e choiva mollen
sobre min a herba verde,
e, se queres, relembra,
e, se queres, esquece.

Eu non hei ver as sombras,
nin hei sentir a choiva,
nin ouvirei o reiseñor
que cando canta, chora.
I en meia luz soñando,
que nin se esvai nin medra,
pode ser que me lembre,
pode ser que me esqueza.

A min gústame a segunda -¿porquénegalo? ¿e a ‘Ferr’? En todo caso, se algún mérito ten, non se pode deber á calidadedos respectivos traductores. A desvantaxe do traductor galego neste terreo é verdadeiramente abafante. Peroé que… ¡o galego é outro idioma! Entón…

P. R. Castro.