1931/12/01 > Confianza no porvir

1931/12/01 > Confianza no porvir


ANosa Terra, 01/12/1931.


O nacionalismo, agora que as circunstancias o obrigana intervir na loita política, ten forzosamente que atopar no seu camiño moitas dificultades que teñenxeralmente a súa orixe na inexperiencia política dos nacionalistas. Ata hoxe o nacionalismo foi unnúcleo de entusiastas nacionalistas, que pensaban soamente na liberdade da súa terra, sen excluíra ninguén polas súas ideas sociais ou tendencias políticas. Cumpriu nobremente, en temposdifíciles, a súa misión de manter viva a chama do espírito nacional. Agora chegaronoutros tempos que presentan outras dificultades. Ó intervir na política tiñan que xurdir asdiferencias ideolóxicas, se ben tódolos nacionalistas, sexan da dereita ou da esquerda, seguirántraballando pola liberación de Galicia.

Pero somos moitos os que coidamos que éesencial que o grupo máis forte do nacionalismo se declare francamente liberal en tódolos sentidos,se a causa da independencia de Galicia ha de triunfar nunha data próxima. Coidamos que así o esixeo ambiente actual de Galicia, de España e do mundo. E así opinamos que o espírito galego foisempre tan fondamente liberal que incluso por tradicionalismo ten que ser liberal o galeguismo. Este é sendúbida un dos máis urxentes problemas que debe resolver o nacionalismo galego.

Hai outro problema que se me antolla de capitalimportancia. ¿Cal ha de ser a posición do nacionalismo nas súas relacións cos partidosrepublicanos? ¿Convenlle máis a cooperación individual, semellante á que aportou áloita en contra da monarquía, ou sería máis recomendable a colaboración circunstancialdun partido nacionalista organizado?

O actual panorama político de Galicia ea actuación dos partidos republicanos non pode sernos enteiramente simpática. O nacionalismo tenante todo o deber de conservar o que ten de máis valía, a súa integridade, o seu prestixiomoral, xamais ligado polo contacto coa baixa política. Débese meditar moito se conveñen asalianzas, ou as colaboracións que poidan semellar alianzas ós ollos da opinión, e que quizaisprexudicarían este prestixio. Lémbrese o caso de Irlanda, onde mentres os nacionalistas, mestresde estratexia política, se dedicaron a intervir no xogo político do Parlamento británico,non conseguiron para a súa terra a máis pequena autonomía. Foi preciso o arredismo e o exclusivismodo Sinn Fein para acadar a independencia de Irlanda. E téñase en conta que, uns anos antes do seutriunfo, non era senón un pequeno grupo dunha ducia de persoas.

Mais todas esas dúbidas non deben diminuíra nosa confianza no porvir. porque toda a indiferencia do momento, a falla de ambiente que os nosos adversariosalegan en contra nosa, non é máis que o froito inevitable da política monárquica española,fomentadora interesada do analfabetismo, da ignorancia, da ausencia de civismo. E precisamente este mesmo arredamentoda vida cívica en que España mantivo o noso pobo pode ser unha cousa que favoreza ó nacionalismo.Porque agora que o pobo galego vai adquirir unha maior cultura, xurdirá na súa alma, ó entrarna vida política, o seu sentimento galeguista case intacto, sen ningunha contaminación de españolismo.E cando isto aconteza coido eu que o galego sentirá fondamente o galeguismo, e soamente precisaráatopar un núcleo de entusiastas nacionalistas para agruparse arredor del, o que lle daría ómovemento unha forza asoballadora, producto da unión do galeguismo consciente co galeguismo latente.

O dilema actual de Galicia é o seguinte:ou galeguismo ou morte; ou crear unha vida propia ou seguir sendo imitadores. E o que é peor, imitadoresde imitadores, europeos de segunda man. E como non podemos acreditar na morte da nosa terra -aínda que amonarquía nola deixase tan preto da morte- temos que confiar na súa galeguización máisque nada porque confiamos no triunfo das causas xustas e nobres; e a única causa xusta, nobre na Galiciade onte e na de hoxe, é precisamente a nacionalista.

P. R. Castro.