1932/07/25 > Encol do noso universalismo

1932/07/25 > Encol do noso universalismo


ANosa Terra, 25/07/1932.


Nunhas recentes declaracións, publicadas poucodespois da sua acertada intervención na discusión do Estatuto Catalán, dixo o Sr. Osorio Gallardoque Hespaña teria de cumprir no porvir outras misións de caraiter internacional, indicando como amaís prósima dado o xeito pacifista do noso novo réxime, unha cruzada en defensa da paz, dodesarme e da irmandade dos pobos.

Nos, galeguistas, que incruimos no noso programao principio "Galicia célula de universalidade anti-imperialismo, federalismo internacional, pacifismo",temos de acoller con agarimo e simpatía as ideas expostas polo ilustre político hespañol.E tamén temos dereito a soster ainda que isto resulte paradóxico para os "universalistas"que nos chaman arredistas que somos nos, en hespaña, na nosa homilde esfera, os que nos atopamos maísidentificados coas arelas eispresadas pol-o Sr. Osorio, xa que a realización do noso programa, e dos ancellosde outros pobos onde eisisten movementos semellantes ao noso, sería o paso maís decisivo cara a paze a irmandade de todal-as as nacións.

Estudiar eiquí os feitos históricos,lonxanos ou contemporáneos, facer un eixamen da política internacional do momento e do seu probabredesenrolo, co ouxeito de confirmar co mundo camiña por vieiros que veñen a confirmar a nosa tesisnacionalista, seria unha laboura longa demaís para realizar n-un corto artigo, somentes se poden apuntarunhas cantas ouservacións suxeridaas polas verbas do Sr Osorio. A primeira é a necesidade de lembrarsedeos maís fondos conflictos da política internacional relaciónanse con problemas de minoríase de autonomías, que hoxe esisten na maioría dos Estados de todol-os continentes, ainda despois dotriunfo recente de numerosos movimentos nacionalistas. A solución dos problemas d-iste caraiter éunha das etapas imdispensabres na loita da pacificación do mundo ceibando aos pobos que se sinten asoballados,e debilitando ao mesmo tempo os grandes Estados imperialistas. Si Hespaña dexesa xogar un papel importantenas xuntanzas das nacións, ten de ter en conta as realidades. Para ter un prestíxio e unha autoridadepor enriba de todas as discusións, debe Hespaña resolver os seus propios problemas autonómicosdenantes de pretender intervir coma mediadora nos preitos alleos. Unha Hespaña constituida por naciónsautónomas sería si dúbida algunha, na vida internacional, un provir moito maís brillanteque un Estado unitario. Sería diante do mundo un exemplo diino de imitanza…

Esto en canto a actuación do conxunto hespañol.Pero ademaís na Hespaña que nós soñamos, habería unha Vasconia e unha Cataluñaen intimo contaito espritul coas terras irmás de Francia; e, o que é maís importante unhaGalicia que tería liberdade para cumprir a sua misión histórica de aproximación a Portugale ao Brasil alén das suas relacións sentimentais coas terras céltigas espalladas pol-a veirado Atlántico.engádese a isto anatural irmandade de toda Hespaña coas nacións americanasde fala en castel´na e con Filipinas, e compréndese que o conxunto formaría unha verdadeiraSociedade de Nacións con posibilidades de universalismo igualada somentes polo conxunto de pobos de falainglesa.

Velahí o noso xeito de enternder a universalidade,algomaís práctico, maís humán, maís moderno do suposto universalismo dos quenos falan do da fala de Cervantes ou das xestas históricas da Hespaña inperialista. E a proba deque non incurrimos en contradicción cando sostemos que a Hespaña que nós queremos éa federación de nacións ceibes e a base do auténtico universalismo e do porvir internacionaldo Estado hespañol que acadaría entón no mundo unha enorme influencia afincada na sua fazaesperitual, única forza que nós respeitamos, e única que arelamos exercer.

P. R. Castro.