O mozo trovador
Pra a guerra fóise o mozo trovador
Que nas fías da morte xa se atopa
Cinguíu do pai a espada e pendurou
a sua arpa indómita nas costas
e dixo, “¡Ouh ti, terra do cantar!,
si todos te atraicióan
hai unha espada para te gardar,
e unha fidel arpa que te louva”
Caéu o mozo mais hostil grillón
Non venceu a alma súa orgullosa
A arpa amada nunca máis falou
Pois rachou as suas cordas todas.
E “¡Os ferros “, dixo, “non te han lixar,
De heróis e amantes alma!
Nacéu pra os puros, ceibes, teu cantar,
Nunca, nunca has soar escrava…”.
[“Deportes e himnos irlandeses”. Faro de Vigo, 05/12/1965.]
A arpa de Tara
A arpa que antano nas salas de Tara
da música a alma vertía,
pendúrase muda nos muros de Tara
cal si aquela alma fuxira.
Así se finou i treme da groria,
e durme de outrora o orgulo,
e os bós corazóns que batían na lóa
non sinten xa máis aquel pulso.
Pra os xefes e as damas brilantes xa hoxe
a arpa de Tara non se inza,
o acorde senlleiro que sóa na noite
só conta unha historia de ruína,
Así a Liberdade ben pouco hoxe esperta,
e o seu latexar só se sinte
si algún corazón, indignado reventa
en proba de que Ela inda vive.
[“Posdata a un comentario lírico-deportivo”, Faro de Vigo, 12/06/1965]